O premio Eusebio Lorenzo Baleirón premia sempre obras inéditas, creadas explícitamente para o certame coruñés. Este fin de semana se coñeceu o nome do gañador, o moañés Daniel Costas, que recibirá un premio de 1.300 euros.

–Este premio supón un espaldarazo importante á súa labor como poeta?.

–Por suposto que sí. É imposible explicar o que significa para min un certame que xa vai pola súa 22ª edición. Está entre os 10 premios máis importantes de Galicia. Levo lidas as dez últimas obras gañadoras, e agora son eu o que vai publicar con ese respaldo.

–Es un autor moi novo, iso dalle máis mérito ao galardón?

–En realidade o xurado do Eusebio Lorenzo Baleirón sempre se destacou por premiar a novos valores, aínda que tamén o recibiron varios autores consagrados. Entre os premiados están Rafael Villar, Emma Pedreira ou o propio Xosé Manuel Millán, cun dos libros que máis marcaron a miña carreira, "As palabras no espello". O xurado sempre tenta premiar a escritores novos, pero tamén valorou que ao longo dos 500 versos de "Conservas" me meto na pel dunha muller en varias ocasións, e falo dunha forma directa e clara das mulleres traballadoras.

–Ademáis te publicarán o traballo, o que supón a túa primeira obra publicada en solitario?

–Sí, non me da chegado o momento de ter o libro nas mans. Supoño que saldrá para a primavera. Acadei varios accésits no premio de Universidade de Vigo, no GZCrea ou no Terras de Chamoso, de Lugo, pero sempre implicaron unha publicación conxunta cos outros galardonados. Hoxe en día é moi difícil que publiquen poesía se non é a través dun premio, a non ser que pagues do teu bolsillo os gastos de impresión e de distribución. Ter un libro publicado é como ter un neno pequeno.

–De que trata "Conservas"?

–Versa sobre as lembranzas da infancia arredor da antiga fábrica do Latón, e das trasnadas propias dos nenos. Ten trazos autobiográficos, pero despois inclúe poemas soltos dos temas máis variados. É un libro moi centrado no mar, que é sobre o que xira a vida en Moaña.

–Vostede estuda Enxeñería de Camiños, de onde ven a súa relación coa poesía?

–Non me empecei a tomar en serio a poesía ata os 18 anos. Non é un camiño tan extraño como a xente pensa, pois hai numerosos escritores que proceden de ramas científicas e técnicas. Temos a vantaxe de que buscamos outra forma distinta de contar as mesmas cousas, aplicando os nosos coñecementos.