EN DIRECTO

Volve a Cangas polo Nadal

Aspamsim celebra mañá no Auditorio un festival que se consolida nestas datas

 
Directivos de Aspamsim, onte, coa alcaldesa e o concelleiro de Benestar.  // Gonzalo Núñez
Directivos de Aspamsim, onte, coa alcaldesa e o concelleiro de Benestar. // Gonzalo Núñez 

Hai un ano deron moito que falar, e mañá están dispostos a volver a armala. A asociación de apoio a persoas con discapacidade intelectual Aspamsim celebra mañá, ás sete da tarde no Auditorio de Cangas, o Festival Navideño, que contará con catro actuacións distintas interpretadas polos 30 usuarios de entre dez e 40 anos con que conta na actualidade. Entre risa e risa, presentarase o calendario. "Entre amigos", que tamén se pon a venda, e os organizadores adiantaron que haberá variedade e calidade, e que o cumio chegará cun dúo cómico "moi prometedor".

G.M.P. - CANGAS Os pormenores do festival navideño de Aspamsim é un segredo case tan ben gardado como a fórmula do famoso refresco de cola, pero semella que ten a mesma chispa para a vida. O "carrusel deportivo" do ano pasado deu máis que falar que os partidos do Barça-Madrid, e o adianto desta edición é mais que prometedor, o que augura un éxito de público coas entradas ao módico precio de dous euros. A este paso acabará por instituirse a reventa, auguran os analistas.

A directiva, coa ausencia do presidente, Carlos Sotelo, por motivos laborais, explicou onte as liñas desta edición. Acompañados pola alcaldesa, Clara Millán, e o concelleiro de Benestar, Óliver Álvarez, sinalaron que se trata dun novo proxecto que non só sirve de "trampolín" para que os asociados demostren sobre o escenario as súas cualidades interpretativas, senón que ademais ten un valor terapéutico para os que participan e contribúe á formación como persoas. "Ás veces tendemos a sentir compaixón ou lástima destas persoas, e nós non queremos iso, só que lles deamos unha oportunidade", reivindicou María González, coordinadora de Aspamsim e "unha deusa" para os implicados, segundo a definiu a alcaldesa. Ao seu carón estiveron tamén Ángela Fernández e Serafín Paz, membros da directiva do colectivo.

Asimesmo, o acto servirá para a presentación en sociedade do calendario "Entre amigos" para 2010. A asociación insistou en agradecer a colaboración do Concello de Cangas, da empresa Imaxe Urbá e tamén da perruquería Rasgos, que lles deu a portunidade de "poñerse guapos e sentirse ben nunha experiencia donde todos son tratados como iguais". Ao tempo que sirve para divulgar o seu labor, o almanaque mostra algúns dos lugares máis turísticos das parroquias canguesas, como poden ser o monte do Facho, o Balcón do Rei ou o Muíño de Fausto.

O concelleiro Óliver Álvarez insistiu en ofrecer a colaboración municipal para estas actividades e fixo un chamamento ao vecindario do Morrazo para asistir ao festival de mañá. "O ano pasado rinme moito, e este ano todo indica que non vai ser menos", anunciou Clara Millán.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya