Agora, máis Nadal que nunca

Fecimo abre a súa campaña navideña

 02:05  
Xosé Bangueses xunto ós representantes de Caixanova no acto de presentación celebrado onte.
Xosé Bangueses xunto ós representantes de Caixanova no acto de presentación celebrado onte.  G.N.

A campaña navideña da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) é xa unha das citas ineludibles na comarca durante estas festas. Os comerciantes presentaron onte a edición de 2009, na que un ano máis volven contar co apoio de Caixanova, e na que participan máis de 300 comercios de Cangas, Moaña e Bueu. Dende os próximos días comezarán a repartir nas bolsas da compra os boletos da sorte, que os veciños deberán cubrir e depositar nalgunha das furnas repartidas polos establecementos adheridos á campaña.

REDACCIÓN - O MORRAZO A árbore de Nadal de Fecimo este ano vén cargada de desexos relacionados coa esperanza, ilusión, compañeirismo, felicidade, prosperidade ou solidariedade e cun lema mo claro: "Máis Nadal que nunca no Morrazo". Os responsables da federación de comerciantes, acompañados por responsables de Caixanova, presentaron onte a campaña deste ano 2009 e na que participarán un total de 348 comercios dos municipios de Cangas, Moaña e Bueu. Nesta ocasión haberá un gran premio de 10.000 euros e outros seis de 500 euros, que se repartirán en forma de cheques de compra. As festas navideñas tamén se farán patentes nas tendas cunha decoración especial e co reparto de bolsas cun deseño específico para estas datas tan significativas.
Segundo apuntou onte o presidente de Fecimo, Xosé Bangueses, está previsto repartir ó redor de 400.000 boletos entre todas as persoas que fagan as súas compras nos comercios que participen nesta campaña. Os veciños só teran que cubrilos, depositalos nalgunha das furnas repartidas polas tendas ... e agardar que a sorte lles sorría. O lema deste ano, cun ton manifestamente positivo, tenta ser unha clara contraposición á situación de crise económica. "Nós traballamos en positivo e apostamos por unha comarca viva e activa máis aló deste decaimento", suliñou Bangueses.
O acto de presentación de onte tamén serviu para facer unha radiografía ó actual panorama do comercio no Morrazo. "Neste exercicio houbo algún peche, sobre todo de comercios de recente apertura, pero tamén houbo novas iniciativas. A nosa comarca está resistindo con respecto ás cifras apabullantes doutras zonas de Galicia", insitiu o máximo responsable de Fecimo. E puxo como exemplo o caso de Vigo, onde "houbo máis de 700 peches".
Xunto a Bangueses estaban representantes de Caixanova, entidade a que lle fixo un dobre agradecemento: o seu apoio técnico e financieiro nesta campaña e que mantivese abertas as liñas de crédito para os comerciantes. Os responsables da caixa tamén certificaron a fortaleza do tecido comercial de Cangas, Moaña e Bueu e salientaron que detectaron un aumento do 20% no uso da súa tarxeta comercio.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya