|
|
|
HEMEROTECA » |
|
REDACCIÓN - CANGAS A compañía Teatro de Ningures representa hoxe venres e mañá sábado a súa última producción, baixo o título de "Ñaque ou de piollos e actores". Será no Auditorio municipal de Cangas e a obra está protagonizada por Santiago Cortegoso e Fran Paredes, asumindo este último tamén a dirección.
Os seus propios responsables definen este texto, orixinal de Sanchís Sinisterra, como unha reflexión acerca do "esplendor e a miseria do actor". As personaxes protagonistas son Solano e Ríos, dous comediantes do Século de Ouro das letras españolas, e que deben representar o seu peculiar espectáculo ante un público que en realidade serán os espectadores deste século XXI. Ambos rememoran experiencias, falan dos sentimentos e sensacións dos actores, do medo ó propio público e incluso da súa situación marxinal, maxistralmente resumida nun comentario que Solano lle fai a Ríos: "Tí es un piollo..., quero dicir, un actor". Unha frase que tamén lle da sentido ó título da obra.
"Ñaque ou de piollos e actores" ten moito que ver co clown e co teatro do absurdo. Segundo Teatro de Ningures "está plantexada nun contexto aberto que conta explicitamente coa presencia dos espectadores". O que se propón non é máis que sacar ó público do seu papel pasivo e contemplativo "para implicalo na propia teatralidade".
A representación escénica é sinxela. Son dous homes "cunha barba de zamarro", que tocan o tamborino e que trasladan todo o seu "aparato teatral" nun vello arcón". Dous individuos que "viven contentos, durmen vestidos, camiñan espidos, espióllanse no verán entre o trigo e no inverno non sinten frío cos piollos".
A representación de hoxe está prevista para ás 21.00 horas e a de mañá sábado será ás 22.30 horas. Entre os espectadores estarán os alumnos do primeiro curso da ESO do IES Montecarrasco, que acudirán a estrea como dentro das actividades didácticas programadas polo departamento de Lingua Galega. Por outra banda, os rapaces que estudian francés neste centro educativo estiveron onte xoves no Teatro Salesianos de Vigo para asistir a representación teatral "Touché".
|
|
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||