G.M.P. - CANGAS
Lejos de convertir la sesión plenaria en un trámite formal, la ausencia del PP sirvió para que los socios del tripartito se repartieran los papeles de gobierno y oposición, convirtiendo el único punto del orden del día en una retahíla de reproches y acusaciones mutuas, algunas rayando lo delictivo, y un reconocimiento explícito de que se está abriendo la vía para que la derecha regrese al poder. Estas son algunas de las “perlas” que pudieron escucharse ayer, en boca de sus protagonistas.
Mariano Abalo (ACE)
– “Non se poden manipular tan descaradamente as cifras. O funcionamento da área de Facenda é lamentable”.
–”Se xa non podemos nin pagar as nóminas, hai que decirlle á cidadanía: Apaga e vámonos”.
– “Non permitiremos que se nos poña aos pés dos cabalos”.
–”Para quen queira coñecer o meu patrimonio, aí está. Ao mellor non todos os concelleiros poden presumir do mesmo.”
Xosé Manuel Pazos (ACE)
– “Os lodos deste pleno, no que todos estamos a facer o ridículo, viñeron dos polvos de non sentarse antes, como pasa en calquera goberno de coalición”.
Maruchi Álvarez (ACE)
–“Non estou disposta a seguir escoitando mentiras ou medias verdades, como estamos escoitando neste pleno”.
Héctor Otero (PSOE)
–”A roupa sucia hai que lavala na noutro sitio, e teño que decir con pena que a esquerda de Cangas estase autoflaxelando”.
–“O que está a pasar hoxe aquí é o cumio a un triste capítulo de desbaraxustes”.
–“Estamos ofrecendo un espectáculo lamentable, e dándolle moito material ao Rompeolas”.
Tomás Abalde (PSOE)
–“Un pouco de demagoxia está ben, pero algo máis de autocrítica aínda estaría mellor”.
Clara Millán (BNG)
–“A responsabilidade do despilfarro é dos que estiveron antes, e vostedes deberían estar unidos e apoiarnos”.
–”Non quero polemizar sobre negociacións urbanísticas para non poñer a andar o ventilador”.
–“O prezo que se negociou polos terreos do centro de saúde do Hío incluía a recalificación doutras parcelas máis arriba”.
–”Coa miña sinatura vou levantar o reparo de Intervención, co que iso supón, porque calquera de vostedes pode denunciarme”.
–“Temos diverxencias porque non somos un goberno monocolor, e as eleccións están á volta da esquina”.
José Enrique Sotelo (PP, en nota de prensa posterior)
–“A actitude autoritaria e prepotente da alcaldesa de Cangas quedou patente, unha vez máis”.
–“O PP non asistiu ao Pleno porque non quere ser cómplice dunha desfeita anunciada”.
–“Non imos participar no circo mediático creado polos que de xeito irresponsable pretenden levar ao caos a este Concello”.
–“[O tripartito] manipula descaradamente á opinión pública para beneficio político”.