A solución ao campo de Monte Carrasco está nas mans do Concello, segundo ACE

Fan un chamamento ao diálogo cos comuneiros de Darbo e o Alondras

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN - CANGAS Despois da reunión celebrada o venres pola noite, na que participaron representantes da Xunta de Montes de Darbo, da directiva do Alondras e do Concello de Cangas para acadar un acordo para a cesión e dotación de herba artificial ao campo de Monte Carrasco, o grupo municipal da Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) considera que a solución ao problema está nas mans do tripartito. Os concelleiros ofrecen "o noso total respaldo a conseguir unha nova infraestructura deportiva en Monte Carrasco deixando claro que deben ser os comuneiros e comuneiras de Darbo quenes teñan a última palabra".
"Despois da racionalidade mostrada pola Xunta de Montes e o Alondras, o Concello ten a obriga de dar todos os pasos ao seu alcance para chegar a un acordo irrenunciable e que está nas nosas mans conseguilo se hai un mínimo de diálogo", manifestan o grupo dos concelleiros Mariano Abalo, Xosé Manuel Pazos e Maruchi Álvarez, que botan moito en falta a actitude de dialogo, pero que "estamos obrigados a contribuir a recuperalo, e dende logo dende ACE faremos as xestións necesarias para que todalas partes queden satisfeitas cun acordo que debe ser froito do consenso", recalcan.
Charla sobre os recheos
Por outra banda, desde ACE animan a participar na charla que dará a Plataforma de Veciños de Praceres sobre a sentenza do Tribunal Supremo que considera ilegais os recheos do porto de Marín-Pontevedra, que se vai celebrar ás oito desta tarde no salón de plenos municipal. "Queremos amosar a nosa participación e respaldo" a unha iniciativa que "permitirá poñer en evidencia a importancia da loita veciñal polos seus xustos dereitos". Ao mesmo tempo pretenden demostrar que "a loita dos mariñeiros e do pobo de Cangas contra a ilegalidade do porto deportivo do Salgueirón conta con toda a razón moral, pero tamén legal". Por estas razóns de peso, convidan a toda a veciñanza a acudir a esta charla aberta e pública sobre un problema que afecta a todos.

COMPARTIR
 
galería: incendio en pinturas proa

TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  Encuestas de actualidad
¿Cree que algún día se pondrá en marcha el transporte metropolitano?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
36%
No 64%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes