Teatro

Unhas neuras para escachar coa risa

Cangas acolle a estrea dun texto de Queizán

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Ónfalo Teatro, durante o ensaio de onte no Auditorio municipal de Cangas.
Ónfalo Teatro, durante o ensaio de onte no Auditorio municipal de Cangas.  Gonzalo Núñez

María Xosé Queizán ten unha prolífica producción literaria, mais ata día de hoxe ningunha delas fora levada a escena teatral. Sen embargo, esta noite o Auditorio de Cangas acolle, en rigorosa estrea, a representación dun dos seus textos, titulado "Neuras". A compañía Ónfalo Teatro encárgase desta aposta, na que contou coa colaboración do Concello de Vigo, que financia a montaxe, e do Concello de Cangas, que cedeu un lugar para os ensaios e facilitou a loxística necesaria. A estrea será ás nove e nas próximas data a compañía iniciará unha xira polo resto de Galicia e España.

D.G.P. - CANGAS "Unha comedia para escachar coa risa". Con esta claridade e rotundidade presentan os responsables de Ónfalo Teatro, unha compañía de recente creación, a montaxe de "Neuras". Trátase dun texto teatral da escritora viguesa María Xosé Queizán e que se estrea, en rigorosa primicia, no Auditorio de Cangas. A representación será hoxe na vila do Morrazo, pero a presentación oficial da mesma tivo lugar onte no Concello de Vigo. Foi un acto no que participaron o alcalde vigués, Abel Caballero; a concelleira de Servizos Sociais, Iolanda Veloso; e o concelleiro cangués de Cultura, Xosé Manuel Pazos. A razón desta dicotomía é que o consistorio de Vigo financia a obra, mentras que o cangués foi quen cedeu o local de ensaio e facilitou a loxística.
A dirección da obra corresponde Afonso Becerra e Ana Contreras. O elenco de protagonistas está composto por Lara Cuervo, que encarna a Sara, a psicóloga; Noemí Vázquez, que será María, a bulímica, e Eva, a súper muller; e Xavier Vázquez, que interpreta ó metrosexual Davide. Aínda que é unha compañía nova, os seus integrantes contan con experiencia docente na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e traballan habitualmente en Madrid.
"Neuras" presenta a uns personaxes novos, desenfadados e aparentemente desinhibidos, aínda que en realidade agochan problemas de aceptación. A propia María Xosé Queizán ten comentado acerca da súa obra que "non só pretendo suscitar a gargallada, senón empregar a crítica e incluso o sarcasmo sobre certos aspectos sociais e políticos do momento". E engade que no texto "non destacan as clases sociais e ha de ser porque as diferenzas entre as persoas son menos de clase que de cultura".
A estrea no Auditorio será ás 21.00 horas e a entrada ten un prezo xeral de 4 euros e de 2 para que presente o Carné Xove, maiores de 65 anos e para familias numerosas.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes