Fecimo, "Premio Provincial ao Pequeno Comercio", que concede a Deputación

Tamén foi distinguida a carpintería Galsi, de Moaña, na categoría de innovación

 

REDACCIÓN - O MORRAZO A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) acadou o Premio Provincial ao Pequeno Comercio na categoría de asociacións comerciais que concede a Deputación de Pontevedra. No acto, celebrado onte no balneario de Mondariz e presidido polo presidente provincial, Rafael Louzán, tamén foi distinguida a carpintería Galsi, de Moaña, na modalidade de innovación no pequeno comercio. Cada un dos galardoados recibiu un cheque por importe de 3.000 euros. O resto dos recoñecementos ó labor comercial, a traxectoria emprendedora e o fomento do autoemprego feminino recaíron en Vila de Cruces (Concello); Droguería Moderna, de Pontevedra (comercio tradicional); e Caevi Calefacción, de Meaño (muller emprendedora). Tamén se lle concedeu un accésit de 2.500 euros ao Centro Comercial Zona Aberta, de Vilagarcía de Arousa.

O obxectivo dos premios é promover e consolidar o comercio de proximidade na provincia, así como impulsar a creación de políticas locais de promoción do comercio e estimular a presenza de mulleres emprendedoras no sector. Xunto con Rafael Louzán, no acto participaron a directora xeral de Comercio, Nava Castro, o deputado provincial Carlos Silva, e Luis Martínez, que participou como poñente. No seu discurso, Louzán fixo fincapé na necesidade de escoitar e respaldar ao sector na situación de crise que se está a atravesar, e falou da elaboración dun Plan Director do Comercio 2009-2012 que define e prioriza as actuacións da Deputación cara esta actividade económica, tanto a nivel individual como colectivo. Este obxectivo susténtase en catro liñas de traballo: apoio á creación e consolidación de centros comerciais abertos; formación do sector e dos seus traballadores; colaborar cos concellos para crear equipos técnicos e servizos de apoio; e poñer en valor, rehabilitar e peonalizar na medida do posible, os centros urbáns.

Revitalización

Pola súa banda, Nava Castro incidiu en que a Consellería de Economía e Industria está a desenvolver diferentes liñas de traballo co obxectivo de revitalizar e modernizar a actividade comercial, así como de consolidar un comercio de calidade e dinámico, capaz de adaptarse aos novos tempos.

Aos Premios Provinciais do Pequeno Comercio presentáronse 102 candidaturas. 17 foron administracións locais; 34, asociacións de comerciantes; 18, entidades aspirantes ao premio en innovación; 21 candidatas no caso de muller emprendedora, e 12 aspirantes ao premio provincial ao comercio tradicional. En total repartíronse 20.000 euros entre os seleccionados.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya