O San Martiño desafía á chuvia

Moaña e Bueu celebran hoxe á festividade do seu patrono

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
As tapas e as fechas de viño son unha tradición ineludible nos furancho do San Martiño de Moaña.  // Gonzalo Núñez
As tapas e as fechas de viño son unha tradición ineludible nos furancho do San Martiño de Moaña. // Gonzalo Núñez 

Os concellos de Moaña e de Bueu celebran hoxe a festividade do seu patrono: o San Martiño. A xornada é festivo local nas dúas vilas, pero onde máis xente se congrega é en Moaña. Un ano máis o municipio paralizarase case por completo para subir ó recinto das festas a desfrutar dunha tapa ou dunha fecha do viño novo. Haberá actividades para todos os gustos, incluindo un partido de fútbol entre o Moaña e o Celta B no campo do Casal.

REDACCIÓN - O MORRAZO Polo San Martiño, trompos ó camiño. Ou a cada porco lle chega ó seu San Martiño. Son só algúns dos múltiples refráns ou ditos populares ó redor deste santo milagreiro, moi reverenciado en Moaña e Bueu. Hoxe é o día grande nas festas patronais, que no caso moañés son case unha obriga para todo o mundo. Un ano máis agárdase unha afluencia multitudinaria de xente e nen sequera a choiva e o mal tempo botarán para atrás os fieis máis fieis do San Martiño.
O programa de festexos abriuse onte. Pola mañá houbo un pasarrúas a cargo da agrupación Colores, mentras que pola tarde houbo xogos populares para os máis pequenos e pola noite a tradicional verbena. Para hoxe está prevista a chegada das bandas de música de Arcade e de Moaña. A misa solemne está prevista para as 12.00 horas e estará cantada pola Coral Polifónica Lestonnac de Cangas. Ó finalizar, sairá a habitual procesión que percorrerá o entorno do conxunto histórico da parroquia. Este ano o trofeo futbolístico Vila de Moaña celébrase coincidindo coa festa do patrón e no cercano campo de O Casal. Será ás 18.30 e xogarán o equipo local vaise medir ó Celta B de Segunda División B. Antes do inicio do encontro, entrarán no recinto de xogo as bandas de música de Arcade e Moaña para ir animando o ambiente. E como non podía ser doutro xeito, a festa terá o seu broche de ouro coa verbena. Nesta ocasión actuarán Suavecito e Charleston Big Band. En Moaña as celebracións patronais continuan mañá, nesta ocasión honrando á Virxe do Carme.
En Bueu levan xa case unha semana de festa. Para hoxe está prevista a misa solemne, que será ás 12.30 horas. E se o tempo o permite, a Asociación Cultural Santos Reis montará a súa exposición con 300 fotos antigas. A verbena nocturna será na carpa instalada no aparcamento do Centro Social do Mar e actuarán Trovadores e Distrito 7.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes