Paixón polos cogumelos

A Asociación Liboreiro organiza as súas duodécimas xornadas micolóxicas en Bueu

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Cartel das XII Xornadas Micolóxicas que organiza Liboreiro entre o 24 e 28 de novembro.
Cartel das XII Xornadas Micolóxicas que organiza Liboreiro entre o 24 e 28 de novembro.  Santy Corral

REDACCIÓN - BUEU A Asociación Micolóxico-Naturalista Liboreiro, de Bueu, non falta a súa cita do mes de novembro. O colectivo xa ten pechada a programación das súas duodécimas xornadas micolóxicas e que servirán para reunir na vila buenense a expertos e responsables doutras asociacións de Galicia. As actividades terán lugar entre o martes 24 de novembro e o sábado 28 de novembro no Centro Social do Mar.
Na xornada inaugural estará presente Carlos Álvarez Puga, presidente da Asociación Micolóxica A Cantarela, de Vilagarcía de Arousa. El será o encargado de facer un introddución básica ó mundo da micoloxía, aportando consellos sobre á época de recollida dos cogumelos ou como se deben coller. Tamén aportará instruccións para evitar sorpresas desagradables con especies que poden resultar tóxicas para o ser humano.
A seguinte charla terá como protagonista a Puri Lorenzo, do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo. A súa conferencia ten como título "O xénero Lactarius en Galiza". As especies que forman parte desta familia son moi coñecidas e aprecidas: son cogumelos micorrizos que crecen abundantemente nos bosques. Unha delas é famoso "niscalo"(Lactarius deliciosus) e moi comercializado. Sen embargo, dentro desta familia tamén existen outras especies tóxicas.
O xoves 26 tócalle o turno a Chemi Traba, que é vicepresidente da Asociación Micolóxica Pan de Raposo, da localidade de Cee. El falará sobre o xénero "russula" en Galicia. Ésta especie, xunto ós Lactarius forman a familia Russulaceae da orde dos Russulales.
O venres proxectarase un diaporama con cogumelos do Morrazo e que foi elaborado por Santy Corral, presidente da Asociación Liboreiro. Todas estas actividades serán ás 20.30 horas e o fin das xornadas será o sábado, cunha saída ó monte ás 10.00 h. Ademais, dende o xoves 26 haberá unha exposición de cogumelos en fresco no Centro Social.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas