Encontro Nacionalista

Unha vida de compromiso co país

O IV Encontro Nacionalista de Moaña homenaxeou a Balbino Barcia, Maruxa Santomé e Francisco González

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Francisco González, Maruxa Santomé e Balbino Barcia foron os protagonistas da cea.
Francisco González, Maruxa Santomé e Balbino Barcia foron os protagonistas da cea.  Gonzalo Núñez

F.G.S. - MOAÑA Onte os nacionalistas de Moaña viviron unha velada chea de emocións e lembranzas. Tratouse do IV Encontro Nacionalista, que consistiu nunha cea no restaurante local Casa Mariano. Ata o lugar acudiron decenas de militantes e simpatizantes, que quixeron participar da homenaxe que se lle fixo a tres históricos membros do movemento nacionalista Moañés: Balbino Barcia, Maruxa Santomé e Francisco González.
A cea, que estivo salpicada de discursos, tiña como principal intención "recoñecer o labor destas persoas, que sempre se caracterizaron pola súa actividade dentro do tecido asociativo e por facer país caladiñamente", explican os organizadores. Nos discursos non faltaron referencias á xeración dos homenaxeados, así como a súa implicación como concelleiros nas primeiras corporacións democráticas.
Balbino Barcia ten 71 anos, e destacouse como fundador e partícipe de distintos colectivos como a Plataforma Anti Peaxe. Electricista de profesión, os organizadores do Encontro destacan del que sempre tentou "pasar desapercibido". Foi concelleiro na primeira corporación, xurdida en 1979.
Pola súa banda, Maruxa Santomé destácase como unha das primeiras mulleres cun cargo público no BNG local. Orixinaria de O Latón, Santomé comezou a simpatizar cos movimentos nacionalistas debido á influencia das súas fillas, que por aquel entón estudaban no instituto. Formou parte da asociación de veciños O Arruás, e de distintas plataformas. Ademais, todavía integra a directiva do Clube de Xubilados de Meira.
En canto a Francisco González, aos seus 70 anos pode presumir dunha vida cargada de emocións. Integrou a segunda corporación democrática, foi un destacado militante do Sindicato Obreiro Galego e viviu en primeira persoa o conflicto laboral de Ascón, durante os anos 70 e 80.
A celebración prolongouse ata máis aló da medianoite, e os tres protagonistas mostráronse encantados de suceder a outros militantes como Geno Chapela, Villaverde Román e Elisa de la Peña.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas