Un velorio para morrer de risa

A compañía residente Teatro de Ningures realiza en Cangas seis funcións de "Atra bile"

 01:47  
Juanjo Pérez, Casilda Alfaro, Sonia Rúa e Salvador del Río presentaron o cartel no Auditorio.
Juanjo Pérez, Casilda Alfaro, Sonia Rúa e Salvador del Río presentaron o cartel no Auditorio.  G. Núñez

"Nazaria, Daría e Aurora son tres irmáns xa anciáns que viviron toda a vida xuntas nunha gran casona de pobo. Esta noite de xoves están reunidas para velar o cadáver do marido de Nazaria, a única que casou, e acompañadas por Ulpiana, a fiel criada de Nazaria. Será ao redor deste velorio cando saian á luz as eternas querelas entre as irmáns e eses segredos ocultos que permanecen alí, latexantes, durante cincuenta anos". A historia e o desenlace de "Atra bile" poderán revivirse durante seis días no Auditorio de Cangas, por obra e gracia de Teatro de Ningures.

G.M.P. - CANGAS Casilda Alfaro, Sonia Rúa, Josi Lage, David Novas e Fran Paredes, baixo a dirección de Etelvino Vázquez, integran o reparto de "Atra bile", escrita pola madrileña Laila Ripoll e que xa ten acadado importantes éxitos de crítica e público. Será o cuarto espectáculo que estrea este ano Teatro de Ningures, que o considera a peza estrela do seu repertorio. No Auditorio de Cangas será, ademais, por sextuplicado, xa que as representacións comezan hoxe ás nove da noite e rematan o vindeiro xoves á mesma hora. O resto das sesións terán lugar o domingo ás oito da tarde, e o martes e mércores ás 11 da mañá, orientada aos estudiantes, aínda que aberto a todo tipo de público. A entrada custa catro euros, e a metade para estudiantes e xubilados.
"Será a primeira vez nos oito anos deste Auditorio que se realicen seis representacións ao longo de unha semana. Iso é difícil que suceda ata nas grandes cidades", sinalou onte o director da sala municipal, Juanjo Pérez, durante a presentación do cartel. "É unha aposta arriscada para consolidar o teatro de xeito estable, e os cidadáns non terán excusas para non asistir por falta de días", añadió. A iniciativa enmárcase na formalización de Teatro de Ningures como compañía residente en Cangas, unha das cuatro de Galicia con esta distinción, e grazas ás axudas da Concellería de Cultura e da Xunta. "É un paso adiante, pero se a xente non participa non somos nada", manifestou Salvador del Río, responsable da producción.
Ademais de "Atra bile", que califican como o seu "producto estrela", a compañía ten en cartel outras obras: "O desembarco turco-María Soliña", que se representou dúas veces este ano no casco histórico cangués; "Os cómicos dell auto", un espectáculo itinerante de rúa; e "Ñaque, ou de piollos e artistas", unha obra de pequeno formato coa que a compañía ten previsto realizar unha próxima xira polas parroquias e os institutos de Cangas.
Os seus membros destacan a aposta de Teatro de Ningures pola difusión teatral, pero tamén pola docencia, e nesa dirección se orienta tamén a Escola Municipal de Artes Escénicas, que retomou a actividade recentemente, despois do descanso estival, e que está a ter unha boa acollida. O director do Auditorio quixo recalcar a boa sona que ten en Galicia esta compañía, ben gañada, e que atribúe á súa "factura impecable e á firme aposta pola calidade".

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya