Bos hábitos para futuros adultos responsables

Bueu celebra obradoiros saudables nos colexios

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Pablo Herbello, Verónica Iglesias, Manuel Otero e Débora Pérez, na presentación de onte.
Pablo Herbello, Verónica Iglesias, Manuel Otero e Débora Pérez, na presentación de onte.  G. Núñez

A prevención das drogodependencias, do alcoholismo ou do tabaquismo é unha cousa moi seria. Pero ás veces, para vencer e convencer é necesario recurrir ó humor e ás bromas para que os argumentos científicos sexan máis fácilmente asimilables. Esa será a metodoloxía que aplicarán o Concello de Bueu e a empresa Ciencia Divertida nos obradoiros saudables que impartirán durante estes meses en todos os centros educativos do municipio. Serán sesións con pequenos experimentos prácticos e que estarán adaptadas a cada un dos tramos educativos, dende infantil ata secundaria.

D.G.P. - BUEU Alcoholismo, tabaquismo, consumo de cannabis, drogodepencia ou a adición ós móbiles e ás videoconsolas. O programa Concellos Saudables proponse explicarlle a todos os escolares do municipio en que consisten estes problemas que afectan de xeito directo a saúde. Vai facelo a través dunha serie de obradoiros que se celebrarán nos centros educativos e que teñen un claro afán preventivo. O obxectivo non é outro que inculcar hábitos saudables nos máis novos para que no día de mañá sexan uns adultos responsables.
Para poñer en marcah estes obradoiros, o Concello de Bueu conta coa empresa Ciencia Divertida, que se encargará de impartir os contidos. Pero non o fará do xeito tradicional, senón que empregará unha metodoloxía distinta para intentar chegar e concienciar ós rapaces. "Queremos facer as cousas de xeito práctico e divertido, pero sen perder un ápice de rigor. Así logramos que eles mesmos se vexan implicados, que participen e que asimilen os contidos que tentamos transmitir", explica Verónica Iglesias, de Ciencia Divertida.
As sesións terán un marcado carácter interactivo, con experimentos científicos e cono moito humor. "Queremos que vexan que os obradoiros non son unha ameaza, senón que lle imos transmitir unha información que eles necesitan para actuar de xeito responsable", insiste. Os contidos destas actividades estarán adaptados a cada tramo educativo e tamén versarán sobre alimentación, hábitos de hixiene e incluso sobre a tan famosa gripe A.
O concelleiro de Deportes, Manuel Otero, explicou que estes obradoiros chegarán a todos os escolares do municipio xa que se celebrarán dentro do horario lectivo, coa colaboración dos centros e con asistencia obrigatoria. "Non queremos un programa efectista, senón efectivo. Deste xeito garantimos que esta información chegará a todos os nenos de Bueu", suliñou o concelleiro.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas