Obradoiros para a saúde do corpo e do amor

O CIM de Cangas abre o prazo para inscribirse en tres novos cursos

 02:09  
Clara Millán e Paula Tenorio na presentación de onte.
Clara Millán e Paula Tenorio na presentación de onte.  G.Núñez

O Centro de Información á Muller de Cangas (CIM) xa ten moi perfilada a súa programación para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro 25 de novembro. Nese programa inclúense obradoiros participativos sobre hábitos de vida saudable, musicoterapia e mesmo de vínculos amorosos.

REDACCIÓN - CANGAS Unha vida máis saudable, tanto no plano físico como no sentimental. Éste é o obxectivo que se marca cos seus novos obradoiros o Centro de Información á Muller de Cangas (CIM), que onte presentou a súa programación para os vindeiros meses. Un programa que tamén está directamente vencellado coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o 25 de novembro. Así, haberá un curso de hábitos de vida saudable, outro de musicoterapia e un terceiro de vínculos amorosos.
Os dous primeiros póñense en marcha coa colaboración do Servizo Galego de Igualdade (SGI). O das costumes saudables vaise centrar en aspectos relacionados coa alimentación (prevención de trastornos alimentarios, dietas positivas e información sobre a “comida lixo”), o tabaquismo (efectos nocivos e consellos para deixar de fumar) e no exercicio físico (como mellorar a calidade de vida, elaboración de táboas individuais...). As mulleres interesadas en participar neste obradoiro poderán inscribirse nas propias dependencias do CIM ata o vindeiro 27 de novembro.
No tocante ó obradoiro de musicoterapia, éste ten como obxectivo favorecer a interacción social, desenlvolver a creatividade ou potenciar o emprego da música e do ritmo como elementos de comunicación. Por iso, durante o curso vanse facer distintos experimentos acústicos, practicaranse xogos rítmicos e con instrumentos caseiros... Neste caso, a inscripción remata o 20 de novembro.
Estes dous cursos terán lugar no Auditorio municipal, mentras que o de vínculos amorosos vai celebrarse nas distintas parroquias. Os seus contidos baséanse no traballo que sustenta unha relación amorosa sana e contrapoñela cunha “enferma”. As últimas son as que teñen compoñentes de ciumes, dominación, violencia física ou psicolóxica e chantaxe emocional. Por iso, no obradoiro tamén se aportarán consellos para poder saír dunha relación deste tipo. Os lugares para inscribirse son os seguintes: Asociación de Mulleres A Ponte de Aldán, Asociación de Mulleres Progresistas de Darbo, Escola Vella do Hío e no propio CIM. O prazo para anotarse finaliza o vindeiro 6 de novembro.

Coñecerse e divertirse

Tanto a alcaldesa de Cangas, Clara Millán, como a directora do CIM, Paula Tenorio, destacaron que a intención “é a de traballar coas mulleres das distintas parroquias os vínculos afectivos, sobre todo como unha forma de previr e sensibilizar na violencia de xénero”. Todo co obxectivo de acadar unhas “relacións saudables que nos permitan gozar, coñecernos, divertirnos, imaxinar, crear, compartir... como persoas completas que están no mesmo nivel relacional”. A programación do CIM para os vindeiros meses inclúe ademais unha serie de obradoiros coeducativos nos centros educativos de secundaria, que xa están en marcha.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya