A festa dos Axóuxeres achega o galego aos nenos en Moaña

O colexio Reibón acolle mañá este espectáculo, que se dirixe tamén aos pais

 02:12  
A compañía Galitoon encárgase dos xogos e das actividades musicais.
A compañía Galitoon encárgase dos xogos e das actividades musicais.  Foto cedida

F.G.S. - MOAÑA O futuro do galego está nos máis novos, isto é algo do que ninguén dúbida. Pero moitas veces os pais se atopan con grande dificultades á hora de atopar ferramentas de ocio neste idioma. Precisamente favorecer a transmisión da lingua propia de Galicia dos pais aos nenos pequenos é o principal obxectivo da Festa dos Axóuxeres, que mañá, a partires das 12.00 horas, terá lugar nas instalacións do colexio Reibón de Moaña. Trátase dunha actividade posta en marcha pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que leva tres anos percorrendo as principais cidades de vilas galegas.
Mañá será a primeira ocasión que terán os pais e nenos moañeses de poder acudir a este espectáculo no seu municipio, e en principio todo augura que será un éxito. Pois das 75 prazas que o Servizo de Normalización do Concello puxo a disposición dos interesados xa non queda ningunha libre. É máis, incluso hai unha listaxe de espera por se algunha familia decide non acudir. O prazo leva aberto dende o pasado 7 de outubro.
O espectáculo está dirixido a bebés de entre 0 e 3 anos, e forma parte dos programas de dinamización ligüística. As experiencias anteriores confirman que os cativos disfrutan dunha hora de festa, onde unha compañía de animación, chamada Galitoon, é a encargada de levar adiante a sempre difícil tarefa de conseguir chamar a atención dos nenos, e o fan conxugando á perfección as palabras, as emocións, os xogos e a música. As personaxes de Eli e Totó, de seguro que arrincan máis dun sorriso e provocan máis dunha situación comprometida.
“Os máis pequenos pasan a hora falando, cantando e xogando en galego”, explican os organizadores.

Recursos para os país

Ademais, a Festa dos Axóuxeres tamén se dirixe aos pais que desexan transmitirlle aos seus fillos á lingua na que eles mesmos se criaron. “Lles ensinarán todo tipo de ferramentas en galego para que comecen a adquirir certos recursos cos que poder educar os aos seus fillos”, din dende o Servizo de Normalización Municipal. “Moitos pais aprenderán que tamén existen cancións e xogos en galego para que poidan poñer en práctica nas súas casas”, conclúen.
Despois dunha hora de diversión e de coñecer a novos amigos os nenos regresarán ás súas casas, iso sí, recibirán un axóuxere de agasallo como testemuña de que asistiron a tan selecta festa.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya