Unha escola que se consolida

As clases de gaita e percusión da Deputación arrancan con 100 alumnos

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Arriba, José Enrique Sotelo co director e mestres da escola. Abaixo, unha vista do público, que abarrotou a sala para a inauguración
Arriba, José Enrique Sotelo co director e mestres da escola. Abaixo, unha vista do público, que abarrotou a sala para a inauguración Gonzalo Núñez

O local da Academia Stacatto acollerá de novo a sede da Escola de Gaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra. A apertura oficial do curso tivo lugar onte e na que se constatou un aumento no número de matrículas. Tantas, que foi necesario artellar un sistema de lista de espera.

REDACCIÓN - O MORRAZO A Escola de Gaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra afronta o que é xa o seu cuarto curso no Morrazo e o fai cun récord de alumnos. Nesta ocasión son máis de cen os inscritos e incluso foi necesario establecer un sistema de lista de espera. A apertura oficial das clases 2009/10 tivo lugar onte, coa presencia do vicepresidente provincial José Juan Durán, o deputado José Enrique Sotelo e a do director da escola, Hipólito Cabezas.
Un ano máis a sede da escola estará situada na Academia Stacatto (na Rúa Paz) e haberá sesións de gaita, redobrante e pandeireta. A matrícula é gratuita e na propia escola poñense a disposición dos alumnos os instrumentos musicais. Hipólito Cabezas salientou o esforzo feito pola Deputación á hora de ampliar o material, posto que investiu 25.000 euros na compra de doce novas gaitas para as escolas (con sede no Morrazo, Vigo, Lalín, Pontevedra e Vilanova de Arousa).

Recuperación
Os responsables da iniciativa destacan a recuperación das matrículas despois de que no cambio de goberno municipal, o consistorio retirase a súa colaboración e a escola tivo que abandonar as instalacións do Auditorio municipal. "O ano pasado xa rexistramos un aumento nas inscripcións e este ano practicamente dobráronse", suliña Cabezas.
As clases con máis inscritos son as de gaita, con 50 alumnos e o profesor encargado desta sección é Marcos Campos. En redobrante hai 27, a cargo do mestre Andrés Vilán, e en pandeireta 23, que terán como profesora a Paula Rodríguez.
Os grupos están divididos en tres franxas de idade –menores de 12 anos, entre 12 e 16 anos e adultos– e os matriculados reciben teñen dúas horas semanais de clase, nas que se combinan contidos teóricos (solfeo) e prácticos (instrumento). Compleméntanse con audicións, video e tamén con demostracións a cargo de artesáns musicais.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas