EN DIRECTO

A primeira romería do outono

A Portela celebrou esta fin de semana as festas de San Cosme e San Damián

 22:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O lugar da Portela celebrou esta fin de semana as festas na honra de San Cosme e San Damián
O lugar da Portela celebrou esta fin de semana as festas na honra de San Cosme e San Damián C.G.

REDACCIÓN - BUEU Un ano máis os veciños do lugar buenense da Portela celebraron as súas festas na honra de San Cosme e San Damián, dous santos irmáns e que son respectivamente os patronos dos médicos e dos farmacéuticos. A festa organízase dende o lado da "raia" buenense, pero en realidade celébrase no lado cangués.E é que a pequena capela na honra dos dous santos está na parroquia canguesa de Coiro.
As honras comezaron o sábado, pero o día grande foi onte coa misa solemne e coa tradicional procesión. A marcha estivo acompañada pola música da Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu, que un ano máis non faltou a esta cita xa ineludible. A festa de San Cosme e San Damián soe ser o recordatorio do inicio de outono, pero ante a meteoroloxía destes días nesta ocasión parece que máis ben foi a última romería do verán. Aínda así, a organización tivo a precaución de instalar unha carpa.

Percorrido
O oficio solemne tivo lugar ás 13.30 horas e a procesión percorreu o atrio da capela e dirixiuse cara o cruce da estrada PO-551 no Alto da Portela, lugar dende o que se emprendeu o regreso cara o punto de inicio. Durante o percorrido, as imaxes dos dous santos estiveron acompañadas pola presenza de numerosos fieis.
As celebracións aínda continuaron pola noite, coa habitual verbena nocturna e que serviu para poñer o broche final ó fin de semana. As orquestras encargadas de amenizar a sesión de baile foron Costa Blanca e Estilo. A partir de agora toca esperar ata a vindeira romería, que se celebra en apenas mes e medio tanto nos municipios de Bueu como de Moaña: o San Martiño, aínda que este ano volve a caer no medio da semana.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009