Os piratas preparan outro asalto a Cangas

O desembarco turco na vila e a historia de María Soliña reviviranse o venres pola noite

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Unha moza da vila, atacada polos piratas berberiscos.  // Gonzalo Núñez
Unha moza da vila, atacada polos piratas berberiscos. // Gonzalo Núñez 

Esta vez, ao contrario que en 1617, os piratas turcos berberiscos si que anunciaron día e hora do desembarco. Será este venres arredor das dez da noite, e estaraos agardando unha morea de veciños armados con fouces e sachos coa intención de impedir que volvan arrasar a vila. A resistencia será forte, pero non o conseguirán, e María Soliña será unha das vítimas que pasarán á historia. Nesta ocasión, os protagonistas serán coordinados pola compañía Ningures Produccións, que xa se estrearon na representación durante a Mostra de Teatro e pensan repetila cada setembro.

G.M.P. - CANGAS A estrea, no mes de xullo, sorprendeu aos cangueses e visitantes, que se multiplicaron desde no peirao e polas rúas do Casco Vello para presenciar unha chamativa representación daqueles feitos acontecidos hai preto de catro séculos e que deixaron pegada na historia da vila. Agora volve a repetirse "coa intención de asentarse no final de cada verán, arredor de mediados de setembro", segundo comunicou o concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Pazos, que promove a actividade.
O programa contempla a chegada da nave pirata ás instalacións portuarias sobre as dez da noite. A resistencia canguesa provocará loitas en primeira fila, mais os invasores non tardarán en romper a liña e adentrarse por Montero Ríos cara ao casco histórico da vila. Subirán polo Eirado do Costal e comezarán a arrasar o pobo, a aprovisionarse dos seus bens, a violar mulleres e tomar como reféns aos homes. O seguinte escenario sitúase nas rúas Manuel Graña e O Hío ata o adro da ex colexiata, donde se representará o xuízo a María Soliña (encarnada pola actriz moañesa María Salgueiro) na noite de San Xoán. O último capítulo no centro urbano desenvolverase dende a rúa do Sol ata o Eirado do Señal, donde se representará a "danza da liberdade". Para favorecer a visión dos espectadores, esta vez a organización ten preparada unha plataforma sobre a que se situarán os intérpretes.
O desplegue de medios humanos e a previsible aglomeración de público levaron á Concellería de Cultura a solicitar á Policía Local e a Protección Civil un plan de tráfico que contempla restriccións e cortes de rúas. Así, en Montero Ríos a circulación estará prohibida desde as nove e media da noite. Durante todo o día non estará permitido aparcar no Eirado do Costal e nas rúas do Hío, Real e Manuel Graña, así como no Eirado do Señal. Os equipos de seguridade e emerxencias tamén acompañarán á comitiva durante todo o percorrido e situaranse nos puntos estratéxicos.
Sen mercado medieval
O que non haberá este ano é mercado medieval, tal como aconteceu en setembro pasado. Desde o Concello barallan a intención de recuperalo como actividade paralela e dándolle un novo enfoque. Os organizadores buscan implicar á poboación canguesa e que o mercado non sexa só un negocio para os comerciantes que veñen de fóra.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009