|
|
|
HEMEROTECA » |
|
NOELIA MOLANES - CANGAS
Antonio Xosé Arruti Baqueiro (25 Agosto de 1959, Bahía, Brasil) é, ante todo, un "cidadán do mundo" e, pese a ser casi un descoñecido na Galicia de onde emigraron os seus pais, en Brasil foi un dos fundadores do Movemento de Liberación dos Sen Terra (MLTS). A súa innata implicación na sensibilidade social e os seus lazos coa esfera galega truxéronno de volta ás paisaxes do noroeste ibérico. Estes días visita Cangas, e amosa a súa "solidaridade" con Massó apoiando as protestas en contra do porto deportivo.
–Di que sinte orgullo de nacer nun ano e nun día tan sinalados, ¿venlle de aí o espírito subversivo?
–Non é que sexa subversivo, considero que é máis un revoltarse contra a democracia que é só exclusiva dalgúns.
–¿Como chegou a ser fundador dun movento coma o MLTS?
–Eu pertencía o sindicato Sindmina Bahía e había outras asociacións en case tódolos estados de Brasil, pero éramos "fracas", só podíamos ter forza se chegábamos ó centro do poder. Así que decidimos unirnos en Brasilia.
–¿Cal é a situación actual no seu país?
–Cada ano morren 1.500 persoas defendendo a propiedade que traballan. A terra en Brasil aínda se disputa con balas. Vós, só encontrades a reforma agraria nos libros, e para nós é case unha idea futurista.
–¿O Goberno de Lula da Silva mellorou a situación?
–Houbo avances pero tamén limitacións. Un dos obxetivos é iniciar unha reforma agraria e expropiar as terras ós narcotraficantes e os que escravizan ós seus traballadores.Gustaríanos crear "empresas agrícolas comunitarias", non para defendelo sacho, nós tamén queremos a industria, pero non intermediarios que se enriquezan a costa do traballo doutros.
–¿É optimista cara ó futuro?
–Mentres existan moeventos socias mantense a esperanza de conseguir un mundo mellor.
–Viviu varios anos en Vigo e coñece Cangas ¿como a atopa?
–Con moitas melloras pero ás veces a costa dun alto prezo. Todos me falan de hipotecas e letras bancarias. Tamén me solidarizo cós mariñeiros porque a riqueza que vai dar Massó non vai a ser para o pobo de Cangas.
–¿De que está ferida a Terra?
–De humanidade, solidaridade e respeto.
|
|
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||