De marcha nocturna, mellor en bus

O "Noitebús" deu resposta durante o mes de xullo a 245 viaxeiros, que destacan a utilidade do servizo

 
Varios mozos e mozas saen do Noitebús, o sábado, na estación de Cangas.
Varios mozos e mozas saen do Noitebús, o sábado, na estación de Cangas.  FDV

N.M.C./ REDACCIÓN - CANGAS "O servizo está moi ben, porque fainos un pouco máis libres e non temos que depender de ninguén", sinala Araceli Paz, que colle o autobús en Nerga para desprazarse ao centro urbano. "Antes adoitaba traer o coche particular, pero é máis complicado, porque logo tomas unhas cervexas e...", sinala, dando a entender que é responsable dabondo para non misturar o alcohol coa condución, polas consecuencias que pode traer. Ademais, a alternativa do taxi parécelle demasiado custosa para que a poidan afrontar os mozos e mozas coma ela. "Trece euros nos cobran por levarnos ata Nerga, é demasiado", considera. Como único "pero", Araceli menciona o feito de que non se poida pagar só a viaxe de ida, xa que ela, como moitas otras persoas da súa idade, regresa máis alá das cinco da mañá, cando ten lugar a última viaxe do "Noitebús".
Alberto Ardiz é de Vigo e pasa uns días en Cangas, donde non ten saído moitas veces de marcha, segundo di. "Faláronme do servizo e paréceme moi ben. É a primeira vez que o tomo, pero considéroa unha alternativa moi boa para os xoves", sinala. De non existir, engade, "teríanme que traer os meus pais ou coller un taxi", alternativas que prefire evitar tendo o bus disponible. No capítulo de cousas a mellorar, Alberto pensa que deberían poñerse autobuses máis pequenos nas viaxes menos concurridas [o das 12 da noite, cando se lle fixo a pregunta, é dos menos demandados] para aforrar combustible", unha medida difícil de adoitar, explica o concelleiro de Xuventude, Óscar Graña, xa que o autobús e o conductor son os mesmos para todas as viaxes por razóns de operatividade.
A irmán de Araceli, Elena, tamén utiliza o Noitebús para desprazarse desde Nerga, e semella contenta polo servizo recibido. "Está moi ben. Facilita os desprazamentos nas noites de fin de semana para os que non somos do centro de Cangas", sinala. Doutro xeito, "teriamos que vir cos amigos ou cos pais", que así se evitan por un custe inferior ao dunha copa. Agora si, "as viaxes de volta son bastante cedo", advirte, unha observación que se repite e que da a entender que os horarios da xuventude son cada vez máis nocturnos.
¿E que pensa a conductora do autobús? ¿É complicado "aturar" á mocidade? "Para nada. El servicio es diferente al diurno, pero está muy bien hecho. Evita muchos accidentes a los jóvenes, y aquí no dan ningún problema. Si tratas bien a los chavales, así se comportan ellos", incide, antes de recalcar que non se ten atopado con ningún incidente provocado polos usuarios. "Son muy educados. Y si alguno se pasa, ellos mismos se encargan de quitarlo", engade, ao volante do autobús.
Os usuarios e usuarias entrevistados coinciden tamén na boa idea de prolongar o servicio a outras épocas do ano, e o Nadal é unha proposta municipal nesa dirección. Alberto cré que se trata dunha Moi boa idea para a xente de aquí", e Araceli cré que se trata dunha iniciativa "estupenda", porque son datas nas que todo o mundo ten plans para saír, "e pillar un taxi é unha misión imposible". A súa irmán Elena coincide na resposta, e opina que en noites especiais é preferible subirse ao Noitebús para minorar as sorpresas que agardan nas estradas.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya