EN DIRECTO
mariano abalo costa - Concelleiro de ACE e responsable de Urbanismo de Cangas

"Clara Millán e o BNG deben reflexionar; ou cambian de rumbo ou volve a dereita"

"Cangas é a vila máis encantadora de Galicia, pero tamén aspiramos a ser a máis digna e combativa"

 08:08  
Mariano Abalo, voceiro de Alternativa Canguesa de Esquerdas, onte pola tarde, nun momento da entrevista.
Mariano Abalo, voceiro de Alternativa Canguesa de Esquerdas, onte pola tarde, nun momento da entrevista.  Carmen Giménez
 NOTICIAS RELACIONADAS

G.M.P. - CANGAS O seu activismo en contra das instalacións náuticas no Salgueirón, que exerce en primeira liña de frente, como antes noutros asuntos de relevancia social, convérteno nun edil atípico. Un político íntegro para algúns, e un axitador para outros, é, con moito, o decano dos concelleiros cangueses, e leva na institución municipal desde a primeira corporación democrática.

–Os acontecementos arredor do porto deportivo de Massó volven a dar unha imaxe de conflictividade e sitúan a vostede no eixo do conflicto. ¿Non é perxudicial para o municipio?

- Cangas é un orgullo para nós porque é a vila máis encantadora de Galicia, pero tamén aspiramos a ser a máis digna e combativa. Porque amamos a paz, que é o dereito a que non nos rouben o que é noso, e iso fainos un pobo aínda máis atractivo.

–Di a alcaldesa que non se pode vivir en permanente estado de excepción.

–O estado de excepción que vive Cangas creouno quen non moveu un dedo cando o noso pobo se encheu de antidisturbios da Guardia Civil e quen enmudeceu diante da detención dunha concelleira do equipo de goberno xunto con mariñeiros, ata un total de 16 persoas. Tremenda solidariedade e democracia nunha vila cun goberno de esquerdas.

–¿Cré que hai unha maioría social en contra das obras no Salgueirón? Porque hai voces que critican que son uns poucos os que manteñen o pobo paralizado, e mesmo "secuestrado".

–As manifestacións e as accións de protesta deixaron sen argumentos aos que decían que isto era cousa de catro. As miles de persoas que se mobilizan deixaron a cada quen no seu sitio. Decir que Cangas ten 25.000 habitantes e que moitos quedaron na casa é o mesmo que cando Sotelo decía que o PXOM iría adiante ainda que saíran á rúa 50.000 persoas. Equivócanse igual que cando se di que hai veciños que están a favor das obras. ¿Acaso se pretende xustificar un cambio de chaqueta?

–A quen lle esixen un cambio de actitude é a vostede. A alcaldesa di que se non o fai non pode seguir no goberno de Cangas.

–Clara Millán, e sobre todo o BNG, deben reflexionar: ou se cumpre o programa de goberno de xuño de 2007, asinado por BNG, PSOE e ACE, ou isto é unha estafa política e social. Nin Mariano Abalo nin ACE deben cambiar a súa actitude, porque non poden nin deben traizoar ao seu electorado e a Cangas. Estamos abertos ao diálogo e á reflexión, pero non a rendirnos. Por iso hai que parar o porto deportivo. Se non é virar á dereita, e nós defendemos un Cangas de esquerdas. Aí si nos atoparemos.

–¿Sinte que o seu cargo municipal periga?

-Serán outros os que teñan que respostar, porque nin Mariano Abalo nin ACE están en venta. Non somos nin uns virachaquetas nin uns vendidos. Non decimos unha cousa na oposición e outra no goberno. Podemos chegar a acordos, pero non traizoar ao noso pobo.

–¿Refírese a Clara Millán? ¿Cré que non está a facer todo o que debe e pode?

–Ser alcalde ou alcaldesa non é ser un funcionario máis. Hai que saber tomar decisións, Se non, é mellor marchar para a casa. Se se delega en min como concelleiro de Urbanismo, como permite o regulamento, garantizo que en menos de 24 horas soluciono o problema de Massó, amparándome nos pertinentes informes xurídicos. Mesmo este próximo luns é posible que se paralicen as obras. Xa se fixo antes cos sinais. É un problema de saber que se quere. Ou estás cos mariñeiros e co pobo sensibilizado co futuro de Cangas ou estás cos especuladores que tanto criticabamos cando gobernaba Sotelo.

–¿Acaso é o BNG o que mudou de parecer?

–O PP trata de gañar a Clara Millán para a súa causa e o seu programa corrupto, pero dubido que esa coincidencia sexa a que persiga o BNG. Cónstanos que moitas persoas e militantes desa organización non están dacordo con esta postura. A proba é que se houbese un referéndum, como antes defendía o BNG, nunca respaldarían o porto deportivo nin o convenio urbanístico.

–¿Que vai pasar se non hai entendemento político? ¿Ten futuro o tripartito?

–Se se respetan os acordos de goberno, desde logo. Pero, ou hai un cambio de rumbo ou a dereita volve a gobernar Cangas.

"¿Medidas? O Salgueirón será para disfrute público"

–As posicións sobre o porto de Massó están moi enfrentadas. A empresa afirma que ten toda a documentación en regla e non vai recuar. E vostede di que o arregla nun día se lle dan o mando ¿Que solución ofrece?

–Non vale pedir remedios á Autoridade Portuaria de Vigo nin a Corina Porro. Hoxe a solución témola en Cangas. Con vontade política e legal párase o porto deportivo e salvamos Massó. A Autoridade Portuaria fixo toda unha chapuza ilegal, e agora non o vai recoñecer porque está todo podre e non queren comerse o marrón das indemnizacións e responsabilidades legais, debido a que todo se fundamentou en actos nulos de pleno dereito e en auténticos fraudes de lei. Afortunadamente, a ese fraude enfréntanse con firmeza a Confraría de Cangas, co apoio de moitos mariñeiros máis alá do noso concello. Insisto, se a alcaldesa delega en min as competencias, en 24 horas paralizo as obras.

–¿Non quedan posibilidades pola vía do diálogo?

–Pola nosa parte, as negociacións danse por pechadas. Desde Urbanismo negociouse ata o agotamento, pero o diálogo quedou roto ao decir a empresa que non vai renunciar a construir o porto deportivo. Desde ese punto de vista non hai posibilidade algunha de negociación, e a única vía é que o Concello lle pare os pés e acabouse o negocio. Porque a empresa non vai investir unha millonada nun porto cando despois non vai poder construír nada en terra.

–¿Que quere decir? ¿Acaso pensa establecer limitacións do Plan Xeral que fagan inviable o proxecto da promotora?.

–O que vai quedar claro é que as súas intencións van chocar coas nosas, e os terreos do Salgueirón serán para uso e disfrute dos veciños de Cangas. Xa hai documentos escritos que o reflexan, pero non vou entrar máis a fondo no asunto.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya