Mafalda Arnauth - Cantante de fados

"A música celta consegue transportarme ás miñas raíces"

A fadista toca hoxe en Moaña acompañando a Milladoiro

 03:35  
Mafalda Arnauth durante un concerto nun auditorio.
Mafalda Arnauth durante un concerto nun auditorio. 

A fadista Mafalda Arnauth (Lisboa, 1974), acompaña a Milladoiro na xornada de hoxe do Festival Intercéltico. Subirán ao escenario as 22.30 horas. A cantante, considerada unha renovadora no seu país, tamén ofrecerá temas propios.

F.G.S. - MOAÑA –Vostede acompañou a Milladoiro no seu último álbum (A Quinta das Lágrimas), como xurdiu esa colaboración?

–Convidáronme eles. Supoño que escoitarían a miña música, e como buscaba unha voz feminina chamáronme a min. Eu aceptei encantada, pois Milladoiro é unha referencia no folc. Fan unha música con moita enerxía e ademais trátase dun conxunto consolidado. Seguro que no concerto me divirto moito con eles.

–Vostede fai fado. A este lado da fronteira enténdese este estilo musical?

–O meu fado é moi especial e un pouco distinto ao clásico. Xa fixen concertos en Ferrol e en Santiago e o público galego que estivo se identificou ben coa música. Creo que é un pobo con moita espiritualidade, moi sensible e que che da unha acollida moi calurosa.

–Conserva algunha anécdota deses concertos que deu en Galicia?

–Lémbrome que en Santiago chovía moitísimo e iban a cancelar a actuación, pero a xente púxose a bailar cos paraugas e ao final tocamos toda a noite e acabamos empapados.

–Pero hoxe toca no Intercéltico. Como se leva coa chamada “música Celta”?

–Moi ben. Trátase de sonoridades moi atractivas. Encántame esa mestura de percusión e gaita. É un son que me transporta as miñas raíces e que en Portugal é algo difícil escoitar.

–Coñecía o Festival Intercéltico de antes?

–En realidade non. O máis perto que estiven de Moaña foi en Vigo. E como no verán non paro de tocar en canto acabe o concerto terei que voltar a Portugal. Pero como a vida e moi longa prometo regresar para coñecer ben a vila de Moaña.

–Como definiría a súa música para animar á xente a achegarse ao concerto?

–Normalmente toco música moi diversa, mesturo algo clásico con ritmos máis modernos e incluso algo de folclore portugués. O fado é un estado da alma moi especial, e eu vou a intentar transmitirlle ao público as emocións que pretendo expresar coas miñas letras.

–A súa relación con Milladoiro remata con este disco ou teñen pensado prolongala no tempo?

–Estamos buscando máis datas para dar concertos en conxunto. Creo que é un bo encontro entre dous estilos distintos, que hai que aproveitar o maior tempo que poidamos.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya