A vida de Ubaldo chega ás librerías

O libro que editan A Cepa e O Arco sobre este personaxe de Vilanova xa está na rúa

 01:25  
Ubaldo Lemos ponse guapo na perruquería Gioli, na rúa de Méndez Núñez.  // A Cepa
Ubaldo Lemos ponse guapo na perruquería Gioli, na rúa de Méndez Núñez. // A Cepa 

"Cadeira de soños", o libro que conta a historia de superación do singular veciño de Vilanova Ubaldo Lemos Vaqueiro, está desde hoxe en librerías do Morrazo Escrito por Juan José Pino e Andrés Pino, o volume ten 78 páxinas de texto e fotografías, a tirada é de 400 exemplares e o prezo, sete euros.

REDACCIÓN - CANGAS O libro conta cunha aproximación á aldea de Vilanova escrita por Patricia Novas Menduíña, e as fotos foron cedidas por familiares e amigos de Ubaldo Lemos, e aportacións do arquivo de A Cepa. Tamén cun suplemento fotográfico sobre a aldea, o Entroido de Vilanova e de Donón e as moitas actividades nas que participaba Ubaldo e os seus veciños da parroquia do Hío. Todas as que sirven para manifestar a alegría de vivir.

"Cangas conta escondidos nos seus sulcos varios personaxes, como Serafín Graña, Cecilio Rial, Eugenio Carballo, Tenreiro, Pepe Santos o Poeta, ou o propio Ubaldo Lemos. Todos eles souberon contar as excelencias da súa terra sen esquecer a reivindicación e máis a sorna. A través deles aparece a voz do pobo e retrátase o mellor da alma do galego: e seu espírito de superación e de traballo e o seu amor pola terra e pola xente". Son palabras que forman parte da introducción do libro, e que onte foron lembradas na presentación que fixeron membros das asociacións O Arco e A Cepa.

Agora, Sara Lorenzana

O traballo de recuperación histórica de Cangas continúa por parte de A Cepa, que xa está a traballar na edición dun libro sobre os vínculos da escritora Sara Lorenzana co Morrazo. Nacida o 1 de abril de 1878, quérese aproveitar a mesma data de 2010 para darlle luz ao volume de investigación sobre esta muller que conta cunha vintena de obras bibliográficas e seica o seu pai puido estar vencellado ás conserveiras canguesas. Pero rastrexar na súa vida non é doado, e nesa tarefa traballan Xela Cuñarro e Sara Carballo.

Tamén para 2010, ainda que en datas das festas de Darbo, está prevista a publicación dun libro sobre Cecilio, poeta popular que lle dará continuidade á colección iniciada por Pepe Santos e por Serafín. Onte, os membros da asociación disfrutaron dunha sardiñada no Balcón do Rei, que ademais serviu para render homenaxe a Héitor Mera, autor da primeira tese en galego da UNED, sobre Bernardino Graña.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya