O "Noitebús" unirá as parroquias de Cangas os sábados do verán e dará servizo no Nadal

As viaxes nocturnas dos venres suprímense por falta de viaxeiros e refórzanse nas festas

 02:19  

G.M.P. - CANGAS "O que che digo, eu paso de ir en coche. Móvome en Noitebús". Con este lema preséntase a nova campaña do servizo de transporte nocturno que conectará o centro urbano de Cangas e as parroquias nas madrugadas dos meses de xullo e agosto. Os autocares sairán de Rozabales, en Aldán, ás 23:00 horas, á medianoite e á unha da mañá, e da estación de autobuses urbana ás 3:00, 4:00 e 5:00 horas da madrugada. As paradas serán no Cruce de Herbello, Veiga de Arriba, Ponte de Aldán, Vilariño, Igrexario, Pinténs, Vilanova, Nerga, O Viso e Darbo, e o custe da viaxe de ida e volta na mesma noite é de dous euros.
O servizo apunta en varias vertentes: a ecolóxica, fomentando o uso do transporte público e a redución do número de coches particulares; a da seguridade, disminuíndo a siniestralidade, sobre todo xuvenil, nas estradas; e a económica, xa que non hai alternativa máis barata para comunicar o centro e a periferia de Cangas en horas nas que xa non está activo o servizo regular de autobús. "Agardamos convertilo nun éxito e que os novos responsables sigan dándolle apoio", sinalou o concelleiro de Xuventude de Cangas, Óscar Graña, que colabora coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras na subvención do programa.
Para este verán producíronse algúns cambios con respecto ao anterior. Así, suprímese o servizo os venres, ao constatarse un reducido número de usuarios, e refórzase os sábados, con moito o día máis demandado, así como en días de festas (O Cristo, Aldán, O Hío, Vilariño) ou acontecementos especiais. En xullo estará activo os días 4, 11, 18 e 25, mentres que en agosto será o 1, 8, 14, 15, 22 e 29. Asimesmo, o "Noitebús" funcionará nas vindeiras datas de Fin de Ano e Reis, con servizo as noites do 1, 2 e 5 de xaneiro.
A empresa Cerqueiro volve a ser a encargada de realizar o servizo, que, aínda que se orienta aos xoves, non ten límites de idade nin restricción de outro tipo, incidiu Graña. O verán pasado foron arredor de 1.500 os usuarios que se beneficiaron deste servizo, que tamén utilizan clientes de campings ou alonxados en segundas residencias.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya