Cela e o tinta femia renovan a súa unión

A parroquia buenense celebra este fin de semana a duodécima festa do viño

 02:18  
Unha imaxe da festa do tinta femia en Cela.
Unha imaxe da festa do tinta femia en Cela.  Gonzalo Núñez

O entorno do Igrexario de Cela acollerá esta fin de semana unha nova edición da Festa do Viño Tinta Femia, unha cita que xa é toda unha tradición no comezo do verán na comarca do Morrazo. A festa arranca o venres pola tarde e vaise prolongar ata o domingo. Durante eses tres días haberá música, comida variada, bo ambiente e sobre todo viño, moito viño tinta femia. Unha das novidades máis importantes vai vir no pregón inaugural que se lerá o sábado a mediodía. Por primeira vez, esa honra recaerá nunha muller: a escritora Asun Estévez.

REDACCIÓN - BUEU Os incondicionais do viño, e sobre todo do tinta femia, teñen esta fin de semana a súa gran cita na comarca do Morrazo. A parroquia buenense de Cela celebra unha nova edición, e xa van doce, da popular Festa do Viño Tinta Femia. Serán tres días moi intensos, cheos de bo ambiente, moita comida e viño a esgalla.
Un ano máis a celebración terá lugar no entorno do recinto de festas do Igrexario, sito fronte a igrexa parroquial de Santa María. A apertura oficial dos festexos terá lugar o venres a partir das 19.00 horas e pola noite, a partir das 22.00 horas, será o momento da actuación dun grupo musical. O día central será o sábado, que inclúe unha actuación da Coral de Cela, que interpretará uns temas a partir das 13.30 horas. Será o momento previo á lectura do pregón e que este ano trae consigo importantes novidades. Despois de once pregoeiros masculinos, a Festa do Viño Tinta Femia 2009 terá unha pregoeira. Trátase da escritora e poetisa Asun Estévez, que lerá o seu discurso ás 14.00 horas do sábado. E despois será o turno do grupo tradicional Retrouso, que dende as 14.30 horas animará a concurrida hora da comida.
A organización do evento corresponde un ano máis a Asociación de Veciños Santa María de Cela, que manterá o sistema organizativo de anos precedentes. Os colleiteiros participantes disporán dun posto para vender o seu viño e en total participarán oito viticultores. A eles haberá que sumarlles outros tres, que venderán no stand da propia comisión organizadora. Dende a organización confirmaron que o prezo de venta da botella será o mesmo que en ocasións anteriores: sete euros.

Homenaxe
Como xa é tamén unha tradición, os colleiteiros recibirán unha homenaxe por parte da organización. Iso será o domingo, no derradeiro día da festa, e a partir das 19.00 horas. A comisión organizadora apura nestes días os traballos previos de preparacióne adecuación do entorno, nos que espera contar coa axuda do Concello de Bueu.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya