Un faro para alumear o futuro

O colexio de A Pedra gaña un concurso de fotografía do Parque Nacional Islas Atlánticas

 02:12  
Fotomontaxe gañadora dos alumnos de A Pedra para o concurso do parque nacional.
Fotomontaxe gañadora dos alumnos de A Pedra para o concurso do parque nacional.  Colexio A Pedra

REDACCIÓN - BUEU Os alumnos do colexio de A Pedra están de noraboa. Os rapaces e rapazas de quinto curso acaban de gañar un concurso de fotografía convocado polo Parque Nacional Islas Atlánticas. Presentaron unha fotomontaxe na que eles mesmos simulaban ser un faro alumeando sobre a ría. A montaxe complétase cun lema moi claro: “O Parque Nacional ilumina o futuro”.
Todo xurdiu a partir dunha visita que realizaron os estudiantes ás illas Cíes no pasado mes de abril. Eles mesmos encargáronse de documentar e relatar tal evento coa publicación dun artigo propio no xornal escolar baixo o título de “Imos de paseo”. A excursión celebrouse o pasado 22 de abril e os nenos e nenas de A Pedra tiveron que viaxar en autobús ata Vigo. Dende alí colleron o barco para dirixirse ata as Cíes. Unha vez na illa optaron por dividirse en grupos, cada un guiado por monitores do propio parque nacional e que lles foron explicando as características deste espacio natural. Ó mesmo tempo propuxéronlles actividades e xogos para facer aínda máis amena a súa visita. Así, ó chegar tiveron que atopar tres cousas que non estivesen na praia, que lles gustasen e que ademais fosen suaves. Tamén tiveron tempo de achegarse ata os impresionantes cantís de Cíes e puideron observar todo o seu entorno cuns prismáticos. Durante o percorrido os alumnos de A Pedra deberon aprender a orientarse e recibiron como axuda un bolígrafo-brúxula, que lles permitiu situar o norte xeográfico.

Bo sabor de boca
A visita ás Cíes deixou tan bo sabor de boca que o centro decidiu participar nun concurso fotográfico do parque nacional. Optaron por xuntarse todos e formar un faro cos seus corpos. Grazas ás novas tecnoloxías colocaron como fondo de foto unha fermosa paisaxe mariña. O resultado foi tan bo que gañaron o primeiro premio do concurso fotográfico.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya