O BNG reclamará en Europa recuperar o transporte de ría como servizo público

A candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, di que existen argumentos xeográficos e socioeconómicos dabondo

 01:23  
Ana Miranda fixo onte a travesía de ría xunto con outros compañeiros do BNG.  // Gonzalo Núñez
Ana Miranda fixo onte a travesía de ría xunto con outros compañeiros do BNG. // Gonzalo Núñez 

G.M.P. - O MORRAZO Europa debe dar marcha atrás na liberalización do transporte marítimo de viaxeiros e recuperar o servizo público como maneira máis eficaz de vertebrar os municipios da Ría de Vigo e de potenciar a área no aspecto socioeconómico, laboral e turístico. Así o recalcou onte Ana Miranda, candidata ao Parlamento Europeo polo BNG, que concorre ás eleccións do 7 de xuño na coalición Europa dos Pobos-Verdes. A representante do Bloque establece entre os obxectivos prioritarios que o servizo de ría "entre nas Redes Transeuropeas de Transporte" coa creación dun consorcio público que reciba financiamento comunitario, e cre que no ano 2010 podería formalizarse ese proceso, se hai vontade política.

O BNG citou onte aos medios de comunicación a bordo do barco "Mar de Mouro", do servizo regular entre O Morrazo e Vigo, e no que fixeron a travesía desde Cangas. Miranda estivo acompañada doutros representantes nacionalistas, como o alcalde de Moaña, Xosé Manuel Millán; o teniente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez; o concelleiro de Cangas Óliver Álvarez ou os parlamentarios Carmen Adán e Bieito Lobeira, entre outros. Lobeira abriu a intervención sinalando que seguen apostando por un "transporte marítimo público e de calidade", e arremeteu contra a medida do tribunal europeo de liberalízalo, o que pon en serio risco a súa supervivencia. A situación actual "ven a evidenciar que Galiza ten que ter presenza alá onde se toman as decisións", e así "previr que este tipo de medidas poidan repetirse no futuro". Logo, Santiago Domínguez incidiu na mesma mensaxe e no obxectivo de que o transporte de ría debe cumprir un papel "moi importante para vertebrar a nosa área metropolitana e tamén para vertebrar o país", engadindo a súa relevancia turística nun paraxe "único no mundo". "Desde o 7 de xuño, todos os galegos merecen a representación do BNG en Bruxelas, e Ana Miranda vai defender os intereses do pobo", concluiu.

A candidata do Bloque explicou que a ría de Vigo ten unhas características xeográficas e socioeconómicas que fan necesario o transporte por barco, no que se moven, dixo, arredor de un millón de persoas cada ano. Ademais, o mar é "unha alternativa ecolóxica ás estradas", que "favorece a vertebración social" e que merece unha "política específica" desde a UE.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya