Hoxe é posible ler "O lapis do carpinteiro" de Manuel Rivas en grego ou en francés, "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro en xaponés; "O can Rin e o lobo Rispín" de Casares, en bretón; a Suso de Toro co seu "Revólver" en checo; el "Simbad" de Cunqueiro en árabe, as "memorias dun neno labrego" de Neira Vilas en macedonio o antología da poesía galega en inglés e francés. Os libros galegos traducidos a outras linguas compoñen a exposición "Urbi et orbi (dende o galego para o mundo)", que mañá sábado as 12.00 horas inaugurase na Capela do Hospital de Cangas. A exposición é o traballo do grupo de catro docentes do Departamento de Normaloización e de Dinamización Lingüística do Instituto María Soliño de Cangas: Henrique Harguindey (docente de francés), Ramón Rocamonde (galego), Xosé Martínez (latín) e Salvador Castro (lingua española).

A exposición, según manifesta Castro, consta duna mesa con máis de 50 obras traducidas do galego a outras linguas, paneis con a teoría da tradución e coas primeiras traducións do galego. A máis vella, de 1898, é unha ó sueco dunha antoloxía poética do século XIX con textos de poetas vascos, catalanes e galegos.Os panéis recollen tamén os autores máis traducidos, como pode ser Manuel Rivas; e os textos galegos en lenguas menos estendidas como bretón, sardo, croata...Complemenmtan a exposición dos videos, un descriptivo da mesma no que se len textos de Cunqueiro en alemán e árabe, Neira Vilas en inglés, Rivas en italiano e Méndez Ferrín en francés. No segundo, este último autor fala da importancia de traducir dende o galego a outras linguas e dende outras linguas ao galego e responde a preguntas sobre a súa obra traducida. Tamén ofrécense xogos interactivos.

Os catro docentes forman un grupo de traballo que xa fai cinco anos publicou, co Museo Massó, un léxico de O Morrazo co título "Unha maré de palabras". "Urbi et orbi"permanecerá na Capela ata o 23 de maio e circulará despois polos centros educativos do Morrazo e área de Vigo.