G.M.P. - O MORRAZO
Recoñecer as vantaxes das lámpadas de baixo consumo, apagar a luz cando non fai falta, regular os electrodomésticos coa intensidade necesaria, instalar sistemas de illamento nas vivendas ou aprender a reciclar os artefactos que esgotaron a súa primeira vida útil son pequenos trucos que axudan a conformar un mundo máis sustentable e que sirva de punto de partida ás xeracións futuras. O Inega xa remitiu ducias de copias de “Os Sostibles” aos colexios do Morrazo, ademais de estar dispoñible nun enlace da web da Consellería de Industria ou directamente desde www. inega.es, á cal poden acceder todos os cidadáns que o desexen.
Pantalla a pantalla
O xogo consta de dez pantallas donde se van desenvolvendo os coñecementos a o aprendizaxe dos nenos e nenas. Cando se superan os retos dunha, o sistema pasa á seguinte, donde continúa esta experiencia didáctica. “O Inega considera que a súa utilización frecuente polos máis pequenos de todo tipo de videoxogos é un elemento moi aproveitable para transmitir contidos educativos dun xeito atractivo para eles”, sinalan os promotores da iniciativa, que a herdaron do Ministerio de Industria, que tamén impulsa o seu uso no ámbito estatal aproveitando as novas tecnoloxías. “Os Sostibles” ten capacidade para ser instalado nun PC de maneira rápida e sinxela a través dunha ferramenta de autoinstalación, polo que é accesible a todas as idades.
“Góstame porque é moi divertido e tamén porque aprendo que chega con poñer a 21 graos a calefacción para non ter frío no inverno, ou que hai que aproveitar moitas cousas que tiramos, para non contaminar”, expón Brais. Tamén Laura, a pesares de que ten só catro anos, aprendeu a divertirse cos “Sostibles” e a apagar as luces da casa cando non fan falta.