O primeiros 22 mozos disfrutan da comarca con "Naturalmente Galiza"

O grupo chegou onte a Cangas e hoxe fará actividades náuticas e un roteiro a cabalo

 
Os integrantes do primeiro grupo chegaron onte a Cangas.
Os integrantes do primeiro grupo chegaron onte a Cangas.  G.N.

REDACCIÓN - CANGAS “Naturalmente Galiza”, o programa de turismo activo promovido pola Xunta e que conta en Cangas co respaldo da Concellería de Xuventude, comezou onte á noite coa chegada á vila morracense do primeiro grupo de participantes, 22 mozos e mozas procedentes de distintos puntos xeográficos. O primeiro que fixeron foi disfrutar dunha visita guiada polo casco histórico, donde unha técnica de Turismo explicoulles algunhas características da arquitectura tradicional, como as casas mariñeiras con patín, así como algúns edificios característicos. Unha cea a base de tapas nun céntrico local da vila e o alonxamento en bungalós do Camping Cangas, na praia de Liméns, puxo fin a unha primeira xornada que subirá hoxe de intensidade.

As actividades náuticas servirán para iniciala, con ski, wakeboard e kaiak de mar entre dúas praias de bandeira azul: Nerga e Liméns, e coas Illas Cíes a tiro de pedra. Arredor das dúas da tarde será o xantar, e a continuación o grupo de participantes e os monitores dirixiranse ata a capela de San Cosme, xunto ao Alto da Portela, donde comezará un percorrido polo roteiro ecolóxico do Morrazo. A metade do grupo irá a cabalo, e a outra metade a pé, turnándose a medio traxecto, que culminará no mirador do Outeiro do Aviador, en San Martiño de Moaña.

Mañá pecharase a primeira fin de semana de “Naturalmente Galiza” cun exercicio de xeocaptura (uso lúdico do GPS) no contorno arqueolóxico do Monte do Facho, donde buscarán aras de veneración ao deus Berobreo e farán unha visita guiada á excavación.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya