A Asociación Cultural Entre Bambalinas, con s ede en Cangas e editora da Revista Galega de Teatro (RGT), que ten ó mestre Antón Lamapereira como o seu director, convoca o I Certamen Galego de Cómic sobre Teatro. O certame, cun único premio de 1.000 euros e a publicación da obra gañadora, ten como obxetivo contribuír, por medio do cómic, á divulgación do teatro galego. Poderán participar tódalas persoas físicas ou xurídicas, e podrán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen.

O tema deberá estar baseado en “Doentes” de Roberto Vidal Bolaño. Este texto foi Premio de Teatro Rafael Dieste en 1997 e está convocado pola Diputación de A Coruña. O texto poderá atoparse nas bibliotecas, solicitarse no Departamento de Publicacións da Diputación ou adquirirse nas librerías. O texto, evidentemente, será en lingua galega e a extensión será de 32 páxinas (cor ou branco e negro) más portada en cor.

Os traballos non poderán levar o nome da autora/autor de xeito visible. Presentaranse en sobre, sen sinatura nin nome, baixo un título ou lema. No seu interior incluirase outro sobre co mesmo título ou lema, e os datos persoais: nome e apelidos, focotopia do DNI, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.

A recepción dos traballos rematará o día 3 de xullo de 2009, este incluido. Deberán remitirse a “Revista Galega de Teatro. Apartado de Correos nº 210. 36940. Cangas do Morrazo. Pontevedra).

O fallo inapelable do xurado será o día 10 de xullio e a organización resérvase o dereito de realizar exposicións públicas con todos os orixinais presentados nas Mostras de Teatro de Cangas e de Ribadavia.

O orixinal premiado neste certame e os que non foron solicitados, que poden ser reclamados a partir do 15 de agosto, pasarán a formar parte do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública Municipal de Cangas.