ÚLTIMA HORA

A militancia do BNG na comarca preséntase dividida diante da elección do voceiro nacional

O alcalde de Moaña abandeira a candidatura da UPG, con Guillerme Vázquez ao frente

 
Destacados representantes do BNG no Morrazo, durante un acto recente en Moaña.
Destacados representantes do BNG no Morrazo, durante un acto recente en Moaña.  Gonzalo Núñez

G.M.P. - O MORRAZO As tres candidaturas que compiten no proceso aberto no BNG para renovar a súa executiva despois do revés electoral do 1 de marzo contan con seguidores no Morrazo, donde a militancia se presenta dividida entre os partidarios de Carlos Aymerich, do sector “quintanista” e que concurre baixo a marca electoral “Máis BNG”; Guillerme Vázquez, da Unión do Pobo Galego, que encabeza “Alternativa pola Unidade”; e Xosé Manuel Beiras, de “Encontro Irmandiño”.

Onte rematou o prazo para presentar listas de candidatos a integrar a relación de 113 delegados (seis deles “natos” por seren membros do Consello Nacional) que acudirán en representación dos máis de 400 militantes do Morrazo á asemblea extraordinaria do vindeiro 10 de maio para elexir o Consello e o voceiro nacional. E as tres candidaturas presentáronse ao reparto. Entre os nomes máis relevantes da proposta da UPG figuran o alcalde de Moaña, Xosé Manuel Millán, e varios dos seus concelleiros, así como o ex mandatario buenense Xosé Novas. Os actuais rexedores de Cangas e Bueu, Clara Millán e Félix Juncal, participan da lista que respalda ao “non adscrito” Aymerich, xunto coa maioría dos concelleiros nacionalistas cangueses e algúns buenenses, máis outros cargos públicos. Ao frente está Francisco Ferreira, ex presidente da Federación de Veciños “A Chamusca”, de Moaña, e na candidatura tamén destacan os nomes do responsable comarcal do BNG, Uxío Piñeiro, e do vicerresponsable, Óliver Álvarez. Mentres, a lista do “Encontro Irmandiño está encabezada no Morrazo pola concelleira buenenses Laura Ogando. Os históricos militantes Concha Trigo, de Moaña, ou Xosé Antonio Bacelar, de Bueu, tamén a respaldan, segundo sinalaron varios membros da organización.

Esta división da militancia arredor de tres candidaturas, que se confirmou no Consello Comarcal –que actúa a modo de xunta electoral que dirixe o proceso – celebrado onte pola noite e que algúns membros interpretan como un “signo da pluralidade da formación”, ten unha carga ideolóxica, pero tamén persoal, coinciden en sinalar desde distintos frentes, que agardan que a desputa pola representación non altere o traballo que se desenvolve a diario nos municipios morracenses. Ademais, tamén existe un porcentaxe de afiliados que non integra ningunha candidatura e que pode posicionarse na asemblea comarcal que se celebrará mañá pola tarde no centro sociocultural de Quintela, en Moaña. Outros, mesmo poden absterse, votar en branco ou decantarse por calquera outra opción.

Debate político

O Consello Comarcal de onte tiña entre os obxectivos comprobar a composición das candidaturas, que deben ter unha representación por cada xénero non inferior ao 40%, e determináronse as pautas de funcionamento da asemblea de mañá. Tamén se debatiu sobre as enmendas ao documento político e a proposta para conformar as listas ao Parlamento Europeo, a través de voto secreto en furna.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya