EN DIRECTO

A “Xouba” revive no Museo Massó

O centro mariñeiro buenense incorpora a súa exposición permanente unha dorna polbeira

 
A dorna "Xouba" está exposta no Museo Massó de Bueu.
A dorna "Xouba" está exposta no Museo Massó de Bueu.  G.Núñez

REDACCIÓN - BUEU A “Xouba” é unha dorna que levaba “durmindo” moitos anos nos almacéns do Museo Massó. Agora os seus responsables decidiron recuperala para expoñela ó publico de xeito permanente e xunto co bote polbeiro. Pero previamente foi necesario un concienzudo traballo de limpeza, desinsectación e de aplicación dun tratamento protector.

Esta dorna polbeira ten unhas dimensións máis pequenas das habituais: o normal neste tipo de barcos é que tivesen unha eslora de entre catro ou cinco metros, mentras que a “Xouba” é de só 3,38. No tocante ó resto de medidas posúe 1,26 de manga, 1,10 de puntal e o mastro chega ata os 3,40. A peza que se expón inclúe tamén os seus remos e a vela, aínda que nestes intres está recollida. Sen embargo, os visitantes poden atopar xusto ó carón da “Xouba” unha maqueta dunha dorna moi semellante e que inclúe a vela despregada.

Deste xeito, a sala do Museo Massó adicada á pesca de baixura e á conserva conta xa con dúas das embarcacións máis emblemáticas da costa galega. Aínda que a dorna é orixinaria da Ría de Arousa, tamén era habitual noutros puntos do litoral. Un bo exemplo é Bueu e, sobre todo, a Illa de Ons, tal como estudou no seu día o antropólogo sueco Staffan Mörling.

Entre outras vantaxes, a dorna caracterízase pola súa funcionalidade, economía de materiais e facilidade de fabricación. Para a súa construcción eran precisas moi poucas táboas e bastante anchas. Ademais, o seu reducido tamaño e o seu escaso peso facilitaban en gran medida os traballos de reparación e mantemento. Esa labores normalmente facíanse nas propias praias e na illa de Ons incluso hai unha coñecida sinxelamente como a “Praia das Dornas” (xusto ó lado do peirao).

Por outro lado, o Museo Massó continúa coa sua singladura na rede de Internet. Ademais da súa páxina web, á cal se accede a través da Consellería de Cultura, agora vai estrear un blog elaborado polo propio persoal do centro e con información constantemente actualizada. A súa dirección será http//:museomassoblogspot.com

Por otra banda, o venres comeza unha nova programación de actividades, que se abre cunha conferencia ó redor da fisioloxía e vida dos cetáceos, que impartirá a doutora Nuria Alemañ, da Facultade de Veterinaria de Lugo (Universidade de Santiago).

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya