A sementeira máis fructífera

O millo corvo é o primeiro evento que se celebra en Bueu que que se considera Festa de Interese Turístico Galego

 12:18  
Imaxe dunha das sementeiras, con Moncho guiando ós seus inseparables Cabano e Ghallardo
Imaxe dunha das sementeiras, con Moncho guiando ós seus inseparables Cabano e Ghallardo G.N.

O pasado 29 de marzo a pequena aldea de Meiro pechaba os actos dun novo Encontro Degustación do Millo Corvo e que reuniu a milleiros de visitantes. Apenas uns días máis tarde, chegou a nova máis agardada por parte da organización: a declaración de Festa de Interese Turístico Galego, que se confirmou esta semana na derradeira reunión do Consello da Xunta de Galicia. É o recoñecemento definitivo a un traballo feito con grandes doses de empeño, ilusión, tenacidade e incluso de idealismo. Agora debería servir para obter un maior respaldo institucional.

DAVID GARCÍA - BUEU A Asociación Cultural Meiro xa percorreu un longo camiño dende a súa fundación, alá polo ano 1997. Unha traxectoria na que tamén tivo tempo para labrar, sementar, recoller, esfollar, empalleirar e moer moitas veces o millo corvo. Poucos dos que hai máis dunha década comezaron o proceso para recuperar este cultivo podían sequera intuir o futuro que lle agardaba a esa iniciativa: unha celebración consolidada e que cada ano atrae a milleiros de persoas. O recoñecemento definitivo chegou esta mesma semana, xusto despois de celebrar a undécima edición do Encontro Degustación do Millo Corvo: o Consello da Xunta culminou case dous anos de trámites e resolveu declarar o evento Festa de Interese Turístico Galego. Toda unha recompensa a unha aldea e a unha organización que nalgunhas ocasións atopouse cunha certa indiferencia das institucións públicas ou cun apoio máis ben displicente.

O rexurdir do millo corvo tivo o seu xerme nunha iniciativa levada a cabo polo Concello de Bueu por aquelas mesmas datas de 1997: a restauración de tres muíños de auga, un en cada parroquia do concello. Un deles foi o Muíño da Presa, na zona de O Canudo, e foi o que animou ós veciños de Meiro a emprender a recuperación dese gran de intensa cor negra xa case desaparecido. E o que nun principio naceu como unha actividade máis da asociación, foi crecendo e adquirindo vida propia ata converterse no seu gran estandarte. Co tempo, a asociación tamén promoveu a recuperación de máis muíños nesa mesma zona –os de Laxes, Santos e Vilas–, un proxecto rematado hai poucos meses e que mereceu o apoio do Plan Proder.

O éxito do millo corvo baséase nun traballo conxunto de toda a aldea e no esforzo posto en divulgar o seu coñecemento. Un dos grandes logros da asociación é o de involucrar neste proceso de recuperación ós centros educativos da comarca e incluso do resto da provincia. Cada ano pasan polas leiras de Meiro centos de alumnos, que aprenden como sementar o millo, como hai que recollelo, a facer os palleiros, a moer nos tradicionais muíños de auga para obter a fariña que logo se amasa e coce con fermentos naturais no forno de porta aberta. Esa fariña cunha cor e un cheiro moi característicos, incluso semellantes ós do viño tinto.

Para moitos dos escolares, estas actividades representan a oportunidade de achegarse ó mundo rural, que en realidade está ó lado dos seus fogares pero que para unha maioría resulta por completo descoñecido.

Todo isto é unha demostración viva de que a festa do millo corvo non é somentes traballo do derradeiro fin de semana de marzo, senón que verdadeiramente é un ciclo que avanza ó ritmo que marca a natureza:dende que se sementa o gran nestas datas do mes de abril ata que se recolle nos principios do outono, para logo deixar secar as espigas nos hórreos ata a primaveira. Sempre e cando o temido xabarín non estrague a colleita. Este animal é un asiduo tamén do millo corvo e soe facer a súa dañina aparición durante o verán, polo que os veciños de Meiro tiveron que botar de enxeño para combatir as súas falcatruadas.

Internacionalización

Na labor de difusión do millo corvo e das súas características saudables, a Asociación Cultural Meiro chegou a lugares pouco imaxinables hai once anos: a directiva entrevistouse co Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel e participou na Feira Terra Madre, que se celebra na localidade italiana de Turín. Ademais, o millo corvo forma parte do selecto clube dos productos da “Arca do Gusto”, unha iniciativa impulsada pola asociación internacional Slow Food (comida lenta, en contraposición a “fast food” ou comida rápida) para a recuperación de alimentos e sabores tradicionais.

Por todas estas razóns, o millo corvo trascende máis alá do eido gastronómico: é un proceso de recuperación cultural e etnográfica. Un dos últimos pregoeiros da festa, o xa finado sociólogo e profesor Xan Bouzada, proclamaba no seu fermoso discurso de marzo de 2007 que a celebración dos veciños de Meiro é pura “sustancia de identidade” e falaba deste escuro gran de millo como un “regalo recuperado”.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya