O desencravo máis antigo

O historiador Manuel Uxío defende a raigame da ceremonia relixiosa de San Martiño en Moaña

 
O desencravo máis antigo
O desencravo máis antigo 

Son tempos de Semana Santa e nesta fechas a igrexa románico-barroca de San_Martiño, en Moaña, volta a celebrar o vindeiro Venres Santo a ceremonia do desencravo, probablemente o máis antigo do Morrazo, según recolle o historiador moañés Manuel Uxío. O desencravo se fai de acordo coas ordenanzas da Confraría de Nosa Señora da Soidade, creada en 1672. As ordenanzas mencionan un Cristo articulado, quizáis do século XIV como o coñecido Santo Cristo da Catedral de Ourense. A confraría de Semana Santa moañesa encargase destos actos cargados de historia

REDACCIÓN/MANUEL UXÍO - MOAÑA O vindeiro venres a partir das sete e media da tarde ha de ter lugar na igrexa románico – barroca de San Martiño de Moaña a cerimonia do “desencravo” de acordo coas ordenanzas e constitucións da confraría de Nosa Señora da Soidade que foi creada en 1672, pouco tempo despois de mercarse a fermosa imaxe de vestir que aínda se conserva no camarín do retablo barroco que leva o seu nome.

Un dos feitos mais destacables das devanditas ordenanzas é que fan mención a un anterior “santo cristo en su santo sepulcro” colocado nun altar lateral que leva a deducir que xa existía un cristo articulado nesa época, probablemente do século XIV, como o famoso Santo Cristo da catedral de Ourense.

Con esas dúas imaxes facíase o desencravo no presbiterio románico do templo, ata que en 1763 foi botado abaixo para que o mestre de obras do Hío, Esteban de Sobreira, ao mesmo tempo que o alongaba, erguía unha capela maior barroca. Para que esta cerimonia multisecular tivese continuidade nun escenario diferente, mercouse unha nova talla dun cristo articulado deste estilo, de maior tamaño e moito mais expresivo que o anterior.

Co devandito cristo barroco e coa orixinal talla da virxe da Soidade do século XVII, celebrarase un ano mais en Moaña a cerimonia mais antiga de todo o Morrazo, probablemente dous séculos anterior a que se representa a vez en Cangas. Ámbalas dúas e as de Lugo, Viveiro e unhas poucas mais que en Galicia recordan a relixiosidade dos nosos devanceiros, representan unha mostra da cultura popular que non debe perderse.

A nova confraría de Semana Santa moañesa é a que se encarga de promover estes actos cargados de historia, sendo tamén responsable de que a posterior procesión do “Santo Enterro” polos antigos camiños da Moaña labrega tradicional, vaia acompañada pola banda de música moañesa “Airiños do Morrazo” e teña parte da brillantez perdida nos anos sesenta do século XX, cando responsables eclesiásticos locais, con moi pouco ríspeto a tradicións multiseculares, impuxeron dentro do mesmo horario unha nova procesión con imaxes modernas, a beira do mar moañés. Tamén e importante reflectir que a salientable imaxe do actual cristo só se pode contemplar nesa data do Venres Santo, ao contrario que sucedía co anterior que segundo subliñan as devanditas constitucións estaba exposto de continuo nun altar colateral.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya