Troula na Banda quenta motores

13 Bats xa ten confirmada a su presencia

 
Os madrileños 13 Bats estarán o venres 7 de agosto no festival Troula na Banda, en Bueu.
Os madrileños 13 Bats estarán o venres 7 de agosto no festival Troula na Banda, en Bueu. 

O festival de Troula na Banda será un ano máis fiel a súa cita. A asociación buenense xa está traballando a tope para pechar o cartel de grupos participantes. Polo de agora xa está confirmada a presencia da banda madrileña chamada 13 Bats e que acaba de gravar o seu primeiro disco. A edición deste ano terá lugar o fin de semana do 7 e 8 de agosto e ó igual que os anos anteriores a entrada será completamente gratuita e as actuacións terán lugar na pista deportiva do barrio de Banda do Río. O resto das actuacións irán coñecéndose durante as vindeiras semanas e meses.

REDACCIÓN - BUEU Que non se preocupe ninguén. A Banda do Río non se vai quedar sen troula nin festa. A asociación Troula na Banda xa leva tempo preparando unha nova edición do seu festival e coa edición deste ano vaise convertir nun dos máis lonxevos do municipio: oito edicións.

O cartel está aínda aberto pero xa se van coñecendo algunhas cousas. Por exemplo, a presencia dunha prometedora banda madrileña chamada 13 Bats. Trátase dun trío formado por Dani, Al-bert B e un baterista de California chamado Carter. Os dous primeiros compoñentes pasaron por varias bandas punk e neste novo proxecto decidiron incluir as guitarras en plan rockabilly e un contrabaixo. No ano 2007 gravaron unha primeira maqueta, composta por catro temas, e a finais de 2008, dentro so selo discográfico Potencial Hardcore, gravan o seu primeiro disco e que se chama igual que a propia banda. Dende Troula na Banda aseguran que a súa música, na que tamén hai influencias dalgúns grupos psycho e do cine de mafia, “non ten desperdicio”. Ese traballo tamén vén acompañado dun videoclip especial e que foi rodado na prisión de Carabanchel apenas 15 días antes da súa demolición. Os impacientes poden velo no blog da asociación: http://troulanabanda.blogspot.com.

Os madrileños 13 Bats actuarán na primeira xornada do festival, o venres 7 de agosto. Esa xornada vaise completar coa actuación doutras tres agrupacións, pero das cales Troula na Banda non adianta aínda nada. Logo queda a xornada do sábado 8 de agosto, un día que nas edicións anteriores adícabase a Troula Ob-session.

O festival terá lugar na súa ubicación clásica: a pista deportiva do barrio de Banda do Río. Despois da desaparición da Noite do Trasno, que se celebraba no entorno de Cabo Udra, o Troula na Banda quédase como principal festival de referencia para a xuventude de Bueu. Dende a organización sempre se apostou por un formato de concertos gratuitos

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya