Nas orixes do deus Berobreo

Dasairas realiza unha viaxe histórica e toponímica ao Facho

31.12.2008 | 00:00
Un equipo de operarios traballando nas excavacións arqueolóxicas do monte do Facho Un equipo de operarios traballando nas excavacións arqueolóxicas do monte do Facho

A chegada do solpor, inzou os azuis mariños de escintilantes brillos dourados entanto o impoñente sol carmesí se ía fundindo e apagando a sua potente luzada no límite oceánico nun espectáculo natural de enorme e sobrecolledora beleza: O sentir daqueles que hai dous mil anos acudían alí coas suas ofrendas e as suas lóxicas e atávicas dúbidas facíasenos, ao fin, tanxible e comprensible.
A garita de vixía do monte Poalleiro (poajeiro, derivado logo en Punxeiro?) apenas inquietaba a nosa curiosidade histórica ante a constatación de restos arqueolóxicos moito mais antigos dos que xa nos tiñan informado as publicacións e lecturas sobre as primeiras excavacións no lugar. Salvo esporádicas visitas ao asentamento, non sería ata finais dos anos noventa e con motivo de trazar unha rota ecolóxica financiada pola U.E., en que revisitamos o xacemento. A finalidade principal era, aproveitando o investimento, convertelo nunha área arqueolóxica visitable que actuase ao tempo como un elemento dinamizador da zona. Desde o extinto organismo do Padroado do Patrimonio Histórico-Artístico e Documental do Concello de Cangas, apoióuse esta proposta e mesmo se celebrou unha mesa redonda na que debateron diversos expertos sobre este e outros temas referentes, proxectándose unha especie de itinerario (via mystica) entre o Igrexario e Donón en base ao que se intuía de relixiosidade entre ambos lugares. A liquidación do Padroado e o desinterese polo tema culminarían só coa realización da famosa Eco-ruta, hoxe en precarísimo estado na maioría dos seus tramos, e en particular neste ao que nos referimos. Anos despois, xa empezado o novo milenio, retomaríase, como todos sabemos, o proxecto con novos investimentos e iniciativas para a excavación e posterior musealización do entorno e dos numerosos achados de aras e materiais de interese arqueolóxico.
Con motivo de realizarmos diferentes traballos etnográficos no Morrazo e nas parroquias de Cangas en particular, recuperamos en parte aquelas aportacións que tentaban elucidar sobretodo aspectos de tipo filolóxico ainda que tamén de carácter arqueolóxico ao coñecer unha ara ao deus Bandua Berobrico atopada na Galicia interior e a moita distancia de Donón. Cabería pois investigar este tema por se este Berobrico (datado moi anteriormente) e Berobreo son o mesmo deus prerromano.
Como fose que se insiste na orixe do topónimo Cangas como proviñente das cangas que sostiñan os teitos dunhas supostas chozas a pé de praia, hai que dicir que nunca unha parte física (canga) dun todo (cabana) definiu o que era un predio ou terreo (herdade) como o que o rei lle donou a Varela naquela lonxana era de 1198 que cita o documento e que vén sendo o ano de 1160 da nosa era. Os outros Cangas, ubicados a maioría no interior e non na costa, xa desbotarían de por sí esta tese da casoupa mariñeira rente ao mar. Sobre isto, ademais, hai que engadir que o Cangas arcebispal foi segregado de Darbo séculos despois da data do documento que fixa claramente os seus lindes con esta parroquia, polo que ben se pode deducir que era unha herdade in ripa maris é dicir, na ribeira do mar.
Non obstante, o dato mais fiable sobre esta orixe toponímica témolo na denominación da batalla de Camicas (Cangas) en Asturias entre árabes e cristiáns que nos remite ao prerromano cambicas> camcas>cangas do que tamén proceden os numerosos Camba existentes en Galicia co significado de terreo curvo ou en valgada. Sobre o topónimo Donón xa hai mais dúbidas, ainda que se pode apontar un antroponímico latino moi mencionado nos documentos medievais como Dononus.
Mais o tema sobre o que queremos insistir lévanos directamente ao entorno da igrexa románica do Hio sobre cuxo topónimo xa nos pronunciáramos nos traballos mencionados. Se repasamos a documentación de distintas épocas atopámonos co medieval Sant Andre do Yo e os xa mais modernos grafados como Duyo, D´Huyo, etcétera.
A vila de Duio (Duyo) en Fisterre ten a mesma orixe que o noso, e curiosamente tamén se ubica nun lugar semellante que servía de control do fluxo peregrinatorio cara o promontorio onde se di que estaban as aras sestianas. Tanto un topónimo como o outro proveñen de ulló / illó (lat. oculiolu>oculo), terreo asulagado (como o Ulló en Pontesampaio) e que en orixe tamén deu lugar ao nome e derivados de Ulla. Non cabe dúbida que este lugar de paso obrigado para seguir ao Facho pola calzada que subía por detrás da fonte, foi un bo ponto para derivar cara ao cristianismo o culto pagano e así o testemuñan os restos (tumbas) do que sería un primeiro eremitorio e a posterior ubicación dunha igrexa románica en tan desfavorecido lugar. Este ulló ou pantano tiña orixe no manancial próximo coñecido como a fonte do Geo, topónimo que vén significar en orixe o mesmo que O Hio, é dicir, ollo (oculu) de auga.
Entre a escasa (e por iso interesante) documentación sobre este topónimo, mencionaremos unha aportación do ano 1156 referente á fundación do mosteiro de Ageo (anexo de San Martín de Castañeda, no lago de Sanabria) mencionado como D´Ayo que nos remite tamén a D´Huyo, ambos con referencia a un abondoso manancial próximo. No ano 1468, na época das Irmandades en Galicia, menciónase documentalmente no Hio "o casal que disen dogeu", primeira e única referencia escrita aludindo a este lugar que viu pasar aos devotos de Berobreo e calmou a sede dos novos cristianos acollidos agora nas suas súplicas por Santo André, que ao parecer procuraba os mesmos beneficios para o espíritu sen ter que recorrer a ídolos inexistentes.


Deportes Morrazo

El CN Rodeira organiza este fin de semana la Milla Náutica y la regata de las fiestas

El CN Rodeira organiza este fin de semana la Milla Náutica y la regata de las fiestas

Se espera que 120 nadadores participen en la prueba de mañana

El CD Moaña mide su nivel ante el SC Vianense

El CD Moaña mide su nivel ante el SC Vianense

Tras el choque, se presentarán ante el público todas las plantillas

Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

El club le entregará una placa el domingo, antes del arranque del primer partido de liga

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Puebla y Ares marcaron el segundo y tercer mejor tiempo

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

Los cangueses firman (29-29) ante un Aguas Santas que está más rodado

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Los apicultores dejarán de retirar nidos de velutina para los concellos

Los apicultores dejarán de retirar nidos de velutina para los concellos

Dicen que no dan abasto -Ayer retiraron 6 en Cangas y desde marzo ya contabilizan un total de 255...

Enlaces recomendados: Premios Cine