EN DIRECTO
Premio de Xornalismo Johán Carballeira

"A Lei de Memoria Histórica quedouse en papel mollado"

Fernando Arrizado gañou o Premio de Xornalismo Johán Carballeira cunha reportaxe sobre un guerrilleiro antifranquista.

 12:52  

D.G.P.  Bueu

Fernando Arrizado é o gañador do VI_Premio Johán Carballeira de Xornalismo. O xornalista presentou unha reportaxe publicada en Vieiros sobre a figura dun dos guerrilleiros galegos antifranquistas máis famosos: Benigno Andrade, coñecido polo seu alcume de "Foucellas" (en referencia a parroquia da que era natural, en Curtis).

-Presentou un traballo sobre un represaliado do franqismo, un tema ben acaído a un concurso que leva o nome de outro persoeiro que foi fusilado durante a Guerra Civil.

-Si. A verdade é que sabía que nese sentido tiña posibilidades de gañar. Hai certos paralelismos entre as figuras de Foucellas e Johán Carballeira e, grazas a este premio, teño a posibilidade de coñecer mellor a obra de Carballeira.

-Esperaba gañar?

-Presenteime con esa idea e a verdade é que é unha ledicia.

-Como se xestou a reportaxe sobre "Foucellas"?

-Vén dunha serie de actos convocados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e polas asociacións Eira Vella de Betanzos e Obradoiro da Historia de Ordes. Tratábase de conmemorar o centenario do seu nacemento e facer unha homenaxe ós heroes anónimos que loitaron contra o franquismo.

-Cal é a historia que rodea a "Foucellas", ó que define como o máis lendario dos guerrilleiros antifranquistas?

-Gústame moito unha frase dunha das persoas que o coñeceu: "era boa persoa que se botou ó bravo" e que viña a dicir que era un home normal, pero que polo golpe militar de 1936 tivo que botarse ó monte. Foi tan famoso que a case todos os maquis lles chamaban "Foucellas". E a el atribuíanlle case calquera cousa que acontecese, aínda que fose en sitios distantes e ó mesmo tempo. Convertiuse case nun fito popular.

-Como foi capturado?

-Estaba vivindo nunha cova e collérono cando se estaba aseando para ir a unha festa. Iso demostra que el relacionábase coa xente e había persoas que sabían onde estaba. Posiblemente algunha delas o delatou. Tamén era moi coñecida a súa afición a ir ós partidos do Deportivo, para o cal se disfrazaba de cura. A súa vida dá para facer unha película.

-Este premio chégalle xusto nun momento no que se fala moito da recuperación da memoria histórica. Que opinión lle merece este proceso?

-Son moi escéptico. Fíxose moita propaganda coa Lei da Memoria Histórica, pero creo que se quedou en papel mollado e un bo exemplo é que aínda non se retiraron os símbolos franquistas. Os antigos guerrilleiros que aínda viven piden unha serie de cousas que son básicas: non chega só cun recoñecemento moral, piden unha pensión económica porque en realidade foron soldados da República durante o franquismo, pero o goberno actual non cede neste sentido.

-Está contento co resultado final do seu traballo?

-Gústame como quedou porque recolle cousas importantes, como o cambio que sufre a vida dunha persoa a raíz do golpe militar. E sobre todo, demostra que o galego non foi un pobo sumiso, senón que houbo xente que se rebelou e combateu.

Deportes Morrazo

Mauro es frenado por la defensa de la SAR. // Gonzalo Núñez
El Bueu quiere doctorarse

El Bueu quiere doctorarse

El conjunto de Irene Vilaboa aspira a sorprender al todopoderoso Novás - Simón no jugará por una...

El Frigoríficos busca la tranquilidad

El Frigoríficos busca la tranquilidad

El Cangas quiere ganar al Bidasoa para llegar al parón liguero en una situación idónea

El Alondras, a puntuar para salir de la zona baja

El Alondras, a puntuar para salir de la zona baja

El equipo cangués visita al Pontevedra con la idea de resarcirse de su último pinchazo

El futuro pasa por Bueu

El futuro pasa por Bueu

Manuel Davila cierra la temporada con el título autonómico de Minimotos y Minivelocidad, y la...

La organización confía en llegar a los 900 participantes

La organización confía en llegar a los 900 participantes

La prueba se celebra el 12 de noviembre y las inscripciones ya están abiertas

Tapería O Pelao y Paja o Cuadro triunfan en el estreno de la Liga

Tapería O Pelao y Paja o Cuadro triunfan en el estreno de la Liga

Ambos vencieron por 5-2 a sus rivales - La competición arranca con 13 equipos, dos más que en la...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 


 
Enlaces recomendados: Premios Cine