O local de Cimadevila bota a andar

Comezan as obras do edificio de Xuventude

 
A alcaldesa e o concelleiro de Xuventude visitaron onte o edificio coa directora de obras
A alcaldesa e o concelleiro de Xuventude visitaron onte o edificio coa directora de obras Gonzalo Núñez

G.M.P. / CANGAS "Estamos dando un paso importante para facer realidade unhas instalacións que serán un referente para a Xuventude", apuntou Óscar Graña, mentres media ducia de operarios da empresa adxudicataria realizaban os primeiros traballos de demolición dos elementos do edificio que non se van a aproveitar na nova estructura. O paso seguinte será a ampliación do inmoble en altura coa construcción da bóveda que acollerá a "zona musical" do edificio, con tres salas de grabación, cabina de control, vestiarios e un auditorio para arredor de 70 persoas. "Máis ca un simple local de ensaios, este será o segundo auditorio de Cangas", engadiu a alcaldesa, Clara Millán.
A planta inferior conservará a estructura pero con modificacións na distribución. Albergará un despacho, almacén, dúas salas multiusos, sala de baile e os servicios, que inclúen duchas para o aseo dos usuarios, así como taquillas para gardar as súas pertenzas. As instalacións contarán cun ascensor para facilitar a mobilidade. Tamén será acondicionada a zona exterior do edificio, ao que se dotará dun acceso que facilite o desprazamento de persoas con discapacidade. "Mellorar os accesos e favorecer o uso por todos os cidadáns é unha prioridade para este concelleiro e para todo o noso grupo municipal", insiste Óscar Graña. A rexedora sinalou que a prioridade de uso será para a asociación veciñal de Darbo, pero o local estará aberto a todos os colectivos, establecerase un regulamento de utilización de espazos e horarios.
No percorrido de onte para coñecer de cerca os traballos que se están realizando tamén se falou do prazo de execución, estipulado en cinco meses, o que permitirá estrenar as instalacións en abril ou maio. "En todo caso, será antes do verán", confía Óscar Graña, que alude aos complexos trámites burocráticos que xa provocaron algúns retrasos na tramitación das obras para cumprir coa legalidade. Esa complexidade deriva, en parte, da estructuración da licitación en tres expedientes distintos.
Para rematar, Clara Millán aludiu a que o local de Cimadevila supón "un paso máis na descentralización de servizos" promovido desde o goberno local, e puxo as galescolas como outros exemplos nesa dirección.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya