O Son de Cangas xa vai de man en man

 
Representantes dos grupos musicais participantes, antes da xuntanza con Óscar Graña. / reproducción g.n.
Representantes dos grupos musicais participantes, antes da xuntanza con Óscar Graña. / reproducción g.n. 

A Concellería de Xuventude edita 1.500 discos con temas das 13 bandas participantes no programa

I.R. / CANGAS As trece bandas participantes no programa de dinamización musical Son de Cangas 08, organizado pola Concellería de Xuventude, están de noraboa. O departamento que dirixe o nacionalista Óscar Graña vén de presentar un disco con temas de cada unha delas que será distribuido de xeito gratuito entre produtores de festivais, medios de comunicación e prensa especializada. O obxectivo, amosar ao mundo a variedade musical dos grupos cangueses e dar a coñecer as incipientes formacións da localidade. Cada unha delas recibirá tamén varias copias do disco que testemuña a súa participación na iniciativa.
O edil cangués compareceu onte xunto ao responsable da gravación nos Estudios Darbo, Marcos González, "Frenchi", e a técnica de Xuventude, Mercedes Giráldez, para dar conta dos detalles técnicos do cedé. "Preséntase nun formato diferente, innovador e atractivo co que se pretende chamar a atención", indica Graña. Trátase dun envoltorio de cartón de cor laranxa baseado no deseño identificativo do Son de Cangas. Inclúe un libreto coas fotografías e biografías de todos os grupos participantes: Kalíghula, Estado Puro, Fíjado Korroído, Kaixosama & L.Csar, Póstuma, Negra Sombra, FAinoTi, Crawl, Lavorda, sección xuvenil da Banda de Música Bellas Artes, Jit, Barni Barnel e Mechanix.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009