Vintecinco anos á luz do Farol

 
Josele Santiago, antigo líder de Los Enemigos, nunha estancia anterior en Bueu. / carmen giménez
Josele Santiago, antigo líder de Los Enemigos, nunha estancia anterior en Bueu. / carmen giménez 

Nacho Mastretta, Josele Santiago ou Los Coronas actúan o 25 de xullo na pista de Banda do Río

D.G.P. / BUEU A cervexería O Farol, en Bueu, está de noraboa. Este ano cumpre xa un cuarto de século de vida e para celebralo acaba de organizar un festival musical con artistas de recoñecido nivel, como Nacho Mastretta ou o que foi líder de Los Enemigos, Josele Santiago. O concerto terá lugar o vindeiro venres 25 de xullo na pista deportiva de Banda do Río, xusto fronte ó propio local buenense. A entrada será de balde e as actuacións está previsto que comecen a partir das 21.30 horas.
Mastretta está considerada como unha desas bandas de "culto" e está liderada polo multiinstrumentista Nacho Mastretta, un músico que conta xa cunha ampla traxectoria e que nos directos se caracteriza pola calidez e colorismo da súa música. Pola súa banda, Josele Santiago é unha das personalidades máis características e recoñecibles do rock español. O ex líder de Los Enemigos, outro grupo de culto, presentará algúns temas do seu próximo disco en solitario.
O cartel complétase coa actuación da Farol Band e Los Coronas. O primeiro é un conxunto formado por músicos de gran nivel que acompañan nas xiras a artistas como Joaquín Sabina ou Antonio Vega. Mentras, Los Coronas é un grupo de rock instrumental formado a finais dos anos oitenta e que se converteu xa en todo un referente a nivel internacional.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya