EN DIRECTO

Seis domingos de Palma

 
Óliver Álvarez, Clara Millán e Serafín Bastón presentaron onte os bailes. / g.n.
Óliver Álvarez, Clara Millán e Serafín Bastón presentaron onte os bailes. / g.n. 

O parque público fronte á casa consistorial recupera os bailes que en tempos se facían na "finca de Andreita"

G.M.P. / CANGAS A"finca de Andreita"foi un lugar habitual de baile para pasadas xeracións, que se divertían ao ritmo da música nos días festivos en pleno centro de Cangas. Convertido agora en espazo público e denominado Parque da Palma, o Concello retomou o verán pasado esta tradición, que desde mañá tenta consolidar cun programa de bailes todos os domingos -de seis a nove da tarde, ata finais de agosto- e que só se interrumpe para celebrar a xuntanza das persoas maiores (o día 10 no Balcón do Rei) e as Festas do Cristo, que lle dan entrada ao mes de setembro.
Mañá, o grupo do músico moañés José Costas será o encargado de abrir boca nos "Domingos na Palma", nos que tampouco faltará refrescos e aperitivos na cantina explotada pola asociación de xubilados Santiago Apóstol, que colabora na organización ao igual ca outros colectivos de maiores, como "Ariño", de Aldán. O presidente deste último, Serafín Bastón, acompañou onte á alcaldesa, Clara Millán, e ao concelleiro de Benestar, Óliver Álvarez, na presentación do programa, ao que poderán asistir gratuitamente todas as persoas que o desexen. "Seguro que será unha actividade moi concurrida, porque os bailes son moi demandados e, ademais, todo canto se fai en Cangas é un éxito", incidiu a alcaldesa, que mesmo se comprometeu a marcarse uns pasos cos veteranos bailaríns, pois "coma eles non baila ninguén".
Bastón asumiu tamén o papel dos xornalistas para preguntar sobre algunha cuestión que lles preocupa aos cidadáns das parroquias, como se haberá medios de transporte dispoñibles. "De momento non, pero avaliarémolo", respostou Óliver Álvarez, mais Clara Millán non quixo perder a oportunidade de darlle outra satisfación aos maiores: "Se hai alguén que queira vir e non ten medios, que mo digan e porémoslle solución", comprometeuse.

Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya