Berobreo esperta en verán

 
As excavacións no Facho retomaranse a finais deste mes.
As excavacións no Facho retomaranse a finais deste mes.  Gonzalo Nuñez

As excavacións para ampliar e consolidar os achádegos serán en agosto, setembro e outubro

G.M.P. / CANGAS A campaña de excavacións arqueolóxicas no Monte do Facho farase este ano a través dunha empresa especializada que se encargará de poñer a man de obra e os materiais necesarios para desenvolvela. O Concello ten aberto o proceso de contratación por procedemento negociado, que debe rematar antes de finais de xullo, segundo comunicou o concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Pazos. Logo iniciaranse os traballos, cunha duración prevista de tres meses. Así, por primeira vez as excavacións realizaranse en agosto, setembro e outubro, unha novedade que o arqueólogo responsable, José Suárez, agarda rendibilizar co bo tempo, fronte ás choivas de maio.
"O plan de traballo é continuar o realizado nos últimos anos, rematando o pouco que queda por descubrir no santuario do cumio do monte e centrarnos un pouco máis no poboado", sinala Suárez Otero, que estima que poderían aflorar arredor dunha vintena máis de construccións que sumar ao medio centenar xa descuberto. Ao mesmo tempo, os esforzos orientaranse agora a conservar e consolidar os achádegos, coa proposta de reconstruir unha parte do santuario de Berobreo cara a facilitar as visitas a partires do próximo verán.

Proposta museística
Ademais, estase á espera da posta en marcha do proxecto de musealización, que está a expensas da construcción de que se resolvan os trámites para construir un área de interpretación arqueolóxica. Neste sentido, onte déronse pasos cara adiante, xa que chegou ao concello o compromiso de venda da última das tres parcelas necesarias para asentar as instalacións. O Concello pretende formalizar estes contratos ante notario e iniciar o proceso de contratación das obras, coa intención de rematalas antes de fin de ano e manter a subvención concedida pola Unión Europea.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009