ÚLTIMA HORA
Carles Puigdemont y los exconsejeros en Bruselas pide delegar su voto en la investidura

Os escarabellos marcan o paso

 

D.G.P. / BUEU Os escarabellos, co permiso do tinta femia, foron os grandes protagonistas da fin de semana en Bueu. Pero non os da pataca, senón os de catro rodas que fabricaba a Volkswagen. Eles foron os encargados de marcar o paso polas estradas e rúas da vila dende o sábado pola tarde ata onte o mediodía. A cita estivo organizada polo Escarabellos Club de Galicia e reuniu a máis de medio cento destes coches clásicos.
A marcha tivo o seu punto de saída en Cantoarena, no Concello de Marín. A comitiva saiu de aló o sábado pola tarde e enfilou cara Bueu, pero facendo un longo percorrido pola beira da costa e pasando por praias como a de Portocelo ou Mogor. O punto de encontro na vila buenense foi o barrio da Banda do Río, onde os veciños e curiosos puideron admirar algúns destes vehículos. O máis antigo data do ano 1958 e acaba de cumprir o seu primerio medio século. Tamén había un vehículo militar fabricado pola Volkswagen e incluso un par de furgonetas Westfalia.
As actividades retomáronse onte, cunha marcha ata o entorno de Cabo Udra. Alí os escarabellos quedaron a descanasr e os seus propietarios completaron o percorrido da ruta de sendeirismo recuperada polo Concello de Bueu. Finalmente e como despedida da concentración de 2008, celebrouse unha comida de confraternidade no Hotel Bueumar.
Dende 1994
Esta cita organízase dende o ano 1994, uns anos en Marín e outros en Bueu. Nesta ocasión, inicialmente estaba previsto que tívese lugar na vila veciña pero a "actitude negativa" mostrada desde el Concello de Marín fixo que a organización cambiase de plans. Habitualmente, tamén acuden a esta cita os membros dun clube de escarabellos de Salamanca pero este ano os compañeiros "charros" non puideron achegarse ata Galicia.

Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya