Relatos de igualdade en Bueu

 
Félix Juncal fai entrega do cheque e o diploma como gañador do certame a Serafín Parcero. / marcos canosa
Félix Juncal fai entrega do cheque e o diploma como gañador do certame a Serafín Parcero. / marcos canosa 

Serafín Parcero recibiu o Premio Matilde Bares e o CIM presentou a edición de "Círculo", gañador do ano pasado

CÉSAR COLLARTE / BUEU Mil primaveiras máis para o CIM de Bueu. Ése foi o desexo de Xosé Alfredo Naz, gañador do certame de relatos de muller Matilde Bares de 2007 no acto que onte se desenvolveu no salón de plenos do concello buenense. Pero por riba de Naz, que viu publicada a súa obra premiada, "Círculo", o verdadeiro protagonista do evento foi Serafín Parcero, gañador da presente edición cun relato que leva por título "Ollos de cinsa".
Parcero recibiu de mans do alcalde buenense, Félix Juncal, o diploma acreditativo como gañador desta cuarta edición e o cheque por valor de 1.500 euros co que está dotado este galardón. Juncal recalcou a importancia dun certame de muller na sociedade actual xa que "aínda que legalmente hai igualdade de dereitos queda moito camiño por diante para que a igualdade sexa plena". O galardoado, pola súa banda, sinalou que quen merece ser felicitado é o concello de Bueu por contar con premios de poesía e xornalismo (Xohán Carballeira) e relatos (Matilde Bares), "o que demostra a grandeza deste municipio". Todo isto nun acto no que estiveron presentes a edil de Igualdade, Laura Ogando, así como os concelleiros María Teresa Magdaleno, José Manuel Vilas, Juan José Menduiña e José Barreiro.
Xosé Alfredo Naz tamén tomou a palabra para lembrar que das catro edicións do premio en tres delas os gañadores foron homes, "algo significativo porque parece que o pensamento social xa se vai encamiñando". A Banda Manxadoira foi a encargada de pechar o acto con dúas pezas tradicionais.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009