Traca poética no María Soliño

 
Os gañadores, flanqueados polo director do centro e o representante do xurado. / GONZALO NÚÑEZ
Os gañadores, flanqueados polo director do centro e o representante do xurado. / GONZALO NÚÑEZ 

Xóvenes creadores de Santiago, Brión, A Coruña, Viana do Bolo e Bueu, premiados no certame cangúes

G.M.P. / CANGAS O amor, o desamor. O humor, o deshumor. A vida que corre e o gañapán para atrapala. Os grandes problemas con respostas sinxelas. O verso como refuxio e punta de lanza. Temas de sempre que cobran vida nova por obra e arte da palabra desfilaron onte polo escenario do IES María Soliño na entrega dos premios ós estudiantes galegos gañadores do XXIV Certame de Poesía María Soliño, nun concurrido acto ó que non faltaron a meirande parte dos distinguidos e as súas familias, e que foi amenizado por un grupo de músicos do instituto cangués, con temas propios para a ocasión.
Despois de saudar ó público, presentar ó xurado -formado polo escritor e crítico literario Carlos Freire e o xornalista Gonzalo Martínez- e de explicar a dinámica do certame, deuse lectura á relación de gañadores, chegados de distintos puntos xeográficos. En categoría A, para alumnos de ESO, o primeiro premio foi para Xenxo Martínez Rodríguez, do instituto de Brión (A Coruña). No segundo lugar foron seleccionados os poemas de Sabela Rodríguez Lorenzo, do IES Otero Pedrayo, de A Coruña; mentres que o terceiro compartírono Alexandra López Arca, do instituto Virxe do Mar, de Noia, e Ana Santomé Estévez, do Johán Carballeira, de Bueu.
En categoría B, para o alumnado de bacharelato e ciclos de grado medio, resultou gañador Alejandro Pregue López, do IES Rosalía de Castro, de Santiago. O segundo posto foi para Andrés Ortiz Alonso, do IES Carlos Casares, de Viana do Bolo (Ourense); e o terceiro para Santiago Villares Soriano, do IES Pontepedriña, de Santiago. Repartíronse 200, 100 e 50 euros en cada categoría, e os traballos seleccionados formarán parte dunha publicación que sae á luz cada ano. No acto de onte presentouse a da XXIII edición.
Tras recibir as distincións, cada galardoado leu un dos seus poemas: "Sente o canto da vida", "A dor é ambigua", "No latir do teu pulso aparezo", "Benqueridos habitantes dos semáforos", "Dez mil tanques rompen a noite", "Ultimamente a vida non está para entendela", "Neste universo meu de ventás tapiadas", "Porque eu son un imposíbel", ou "Escapóusenos o tempo case sen darnos conta". E así foi.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya