G.M.P. / CANGAS / MOAÑA

O dinamismo literario da comarca do Morrazo veuse reflexada onte unha vez máis coa coincidencia da presentación, á mesma hora aínda que en escenarios diferentes, dos últimos libros de Lois Pérez Leira -"Cuba, os galegos e o Ché"- e do moañés Carlos Freire Cordeiro, que ven de darlle luz a "Acompañamento para fuga", un volume de relatos breves da colección Mandaio.

Pérez Leira concovou no salón de plenos de Cangas a unha nutrida representación artística, política e sindical, entre a que se atopaba o cónsul de Cuba ou os concelleiros de ACE, Xosé Manuel Pazos, Mariano Abalo e Maruchi Álvarez. Co autor tamén sentou Pedro Trigo, un cubano-galego que tivo unha importante participación no proceso revolucionario daquel país. Entre todos repasaron experiencias e anécdotas dunha Revolución na que os galegos tiveron unha presenza destacada e que aínda hoxe se mantén como modelo e símbolo de resistencia ó capitalismo. Como diría o Ché: "Hasta la victoria, siempre".

Relatos de aquí

Oito relatos integran "Acompañamento para fuga", que Carlos Freire Cordeiro presentou onte na libraría moañesa O Pontillón, coa presenza do director da colección Mandaio, Tucho Calvo, e membros da Lonxa Literaria. Freire, que ten publicado reportaxes na revista Geo e gañou en 2005 o premio de novela por entregas de La Voz con "Acio sanguento", é colaborador habitual do Faro de Vigo no suplemento Faro das Letras. O libro que acaba de saír ás rúas mistura historias de ficción con escenarios que reais, como a Ría de Vigo, Tirán ou a Festa dos Milagres.