A Mostra, en versión íntegra

 
"Els Joglars" será a actuación estelar da Mostra de Cangas. / g. núñez
"Els Joglars" será a actuación estelar da Mostra de Cangas. / g. núñez 

G.M.P. / CANGAS Ábrese o telón da XXV Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Aínda que, de momento, só o das taquillas, xa que a organización porá hoxe á venda, durante unha semana, os abonos para asistir a todos os espectáculos que se representen no Auditorio. As persoas interesadas en mercalos poden facelo a través de Internet, na páxina web www.caixanova.es, entrando na taquilla on line, ou ben no teléfono 902 504 500.
Os espectáculos que se inclúen no abono -cun custe de 56 euros para o patio de butacas e de 48 para anfiteatro e palcos- son "La Cena", de Els Joglars (xoves 3); "Aeroplanos", de Lagarta, Lagarta (sábado 5); "O Grande Criador", de Chapitó (domingo 6); "Sin título 8x4x6", de Monicreques Kukas (martes 8); "Las siamesas del puerto", de Alén Teatro (mércores 9); "De Mahagonny a Youkali", de Vicky Peña e Jordi Camell (xoves 10); "Como piedras", de El Pont Flotant (venres 11) e "Casa Matriz", de Dos Lunas Teatro, que pecha a Mostra o sábado día 12.
Entradas individuais
Os abonados teñen a ventaxe de que se lles garantiza a praza a todos os espectáculos, así como unha reducción no prezo ó mercalo de forma global. Pero os que prefiran asistir a espectáculos concretos tamén teñen esa posibilidade. A actuación de Els Joglars é, con moita diferencia, a máis cara do programa, xa que custa 20 euros en butaca e 18 en anfiteatro e palcos. Os demais espectáculos teñen un prezo de 6 e 5 euros nas respectivas ubicacións, mentres que o prezo para Monicreques Kukas é único de 5 euros, ainda que os menores de 12 anos teñen desconto e só pagarán 2 euros.
A calidade do programa fai augurar un éxito de público, necesario para que a Mostra cubra, nas vodas de prata, o maior orzamento da súa ampla historia.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya