Cangas 5.0. A vila a ollos de 20 fotógrafos

 

G.M.P. / CANGAS A Casa da Cultura abre hoxe, ata finais de mes, a exposición "Cangas 5.0", unha mostra dos traballos dunha vintena de fotógrafos afeccionados do Colectivo Abrenoite, coordinados por Anxo Cabada. Os artistas da cámara escura escudriñaron nos últimos meses nos recunchos da vila, parroquia a parroquia, e o resultado móstrase agora para disfrute dos visitantes.
A actividade fotográfica, que se desenvolve na Escola de Adultos do instituto de Rodeira, ten xa unha sólida traxectoria, e os coñecementos e a experiencia dos seus integrantes medra cada ano. Tamén o traballo que deriva deles, e así o curso pasado rematou coa publicación -coa colaboración do Concello- dun libro de fotografías de Aldán polo que transitan persoas, persoaxes, actos sociais e paisaxes, ó que este ano lle ía seguir outra parroquia, e así sucesivamente ata rematar o percorrido por toda a vila.
Mais a idea trocou, e o Concello decidiu apostar por integrar o reflexo fotográfico de todas as parroquias nun só volume, que servirá como libro de representación e agasallo institucional. A mostra que agora se abre na Casa da Cultura serve como abano no que seleccionar aquelas instantáneas máis representativas, comentadas por persoas vencelladas dalgún xeito a cada unha das parroquias.
Ese mesmo modelo xa se pode advertir nun folleto despregable elaborado para a ocasión. En Darbo, ó lado dunha introducción realizada por Lois Guimeráns, figura a imaxe da fachada da fábrica de Massó; no Hío, un texto de Marisa Núñez xunto a unha fotografía no faro de Cabo Home; en Aldán, o acueducto da Finca do Conde a carón dun escrito de Heitor Mera; en Coiro, Mónica Camaño escribe preto da foto dun muíño da parroquia. E de Cangas fala Rafael Fernández Lorenzo, xunto á serea que Coya prantou en Ojea.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009