Un ciclo de imaxes recuperadas para ilustrar a memoria

 
Cartel da película "Santa Liberdade", de Margarita Ledo. / reprod. M.Canosa
Cartel da película "Santa Liberdade", de Margarita Ledo. / reprod. M.Canosa 

"Santa Liberdade", de Margarita Ledo Andión, abre hoxe en Cangas o programa organizado por colectivos republicanos

G.M.P. / CANGAS "Santa Liberdade", un filme de Margarita Ledo Andión que se proxecta ás oito da tarde no Auditorio de Cangas, abre hoxe as Primeiras Xornadas de Cine pola Memoria Histórica, que organizan o Colectivo pola Memoria Republicana do Morrazo, Cangas pola Memoria Común e Sociedade Galega pola República coa colaboración da Concellería de Cultura.
A acción acontece no Mar do Caribe en 1961. O navío "Santa María" é tomado por un grupo de antifascistas. Baixo o mando do portugués Henrique Galvão, os galegos Velo e Sotomayor e unha vintena dos chamados "piratas da liberdade" ibéricos escriben un curioso capítulo na loita contra as dictaduras de Franco e Salazar: O primeiro secuestro político dun trasatlántico. Este documental da catedrática de comunicación audiovisual Margarita Ledo conta como o barco foi cercado por buques de guerra dos EE UU, España e Portugal e presenta os propios asaltantes (Federico Fernández Ackerman, Camilo Tavares Mortágua e Víctor Velo Pérez). Interveñen entre outros, o mítico fotógrafo Manuel Ferrol e o escritor Dominique Lapierre.
O ciclo continuará nos vindeiros domingos con outros traballos audiovisuais: Os documentais "Manolo Barros, un rebelde de aceiro", de Cuchi Carreira e Gonzalo Amoedo, e "Cólera", de Manuel Forcadela e María Xosé Queizán; a película "Liste, pronunciado Lister", de Margarita Ledo, ou o documental "Exilios", de Xan Leira, que pechará as xornadas.
Homenaxe no Anguieiro
Os mesmos colectivos que organizan as Xornadas de Cine participarán mañá nunha homenaxe ós "mártires do Anguieiro" depositando unha coroa de loureiro e a bandeira republicana. Tamén está prevista para as próximas semanas unha conferencia sobre os loitadores contra o franquismo e unha cea de confraternidade.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya